Entries by Xulio

O campamento de verán máis especial para 2018, na illa de Ons

Queremos invitar a todos aqueles rapaces e rapazas de 8 a 15 anos a vivir unha aventura única no noso campamento de verán, que terá lugar do 16 ao 27 de agosto de 2018 en dúas localizacións diferentes. Os primeiros 5 días os pasaremos en Xeguinte, unha pequena localidade do minicipio de Oia (Pontevedra) para […]

Enerxía 100% renovable para o noso local

Nos scouts traballamos moito en valores no deseño das nosas accións educativas, sendo a esencia mesma do movemento scout. Temos un discurso sólido en igualdade, paz, xustiza, tolerancia, defensa do medio ambiente, etc. pero carecería de sentido se so se fixese dun xeito retórico e non práctico. Un dos principios básicos da metodoloxía scout é […]

Participamos a tope na festa dos Maios

Por vez primeira decidímonos a formar parte da festa do maios, celebración popular da chegada da primavera e que conta na nosa cidade cunha fonda tradición. Había xa gañas pero tamén tiñamos algunhas dúbidas xa que o uso masivo de musgo ou liques que a tradición esixe facíanos reticentes xa que non nos parecía moi […]

Sen feminismo, non hai scoutismo

Despois dunha xornada histórica o pasado 4 de marzo, a nosa terra ten unha tarefa pendente, a folga de mulleres do próximo xoves 8 de marzo. Nós, as scouts, secundarémola e volveremos saír ás rúas, mais desta vez coas nosas pañolas e valores scouts. En cada reunión e campamento educamos por e para a igualdade, […]

Gañamos un premio na loita contra a violencia de xénero!

No pasado mes de setembro a federación ASDE – Scouts de España, con máis de 33.000 socias/os, puxo en marcha xunto á Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero o concurso “Ponle fin desde el principio”, co obxectivo de que os mozos e mozas de 11 a 14 anos reflexionasen ao redor da detección […]

Campamento de inverno. Explorando a fronteira!

Unha boa exploración ten sempre lugar en zonas alonxadas e en territorios con posibilidades de aventura, e por iso transalados a nosa busca de emocións do campamento de inverno a unha zona costeira na fronteira co veciño Portugal, concretamente nas terras do municipio pontevedrés de Tomiño. Un entorno estupendo cunha zona de albergue no que desenvolveremos coma sempre […]

Lumes Nunca Máis

Despois dunha semana negra onde a serra do Xurés ardeu de lado a lado, onde a provincia de Ourense se cubríu de cinza obstaculizando así a entrada dos raios do sol e difuminando o azul, chegou o domingo. Hoxe en menos de 24 horas os arredores de Vigo víronse afectados por 80 lumes facendo que […]

Actividade coas familias

O método scout ten como actores fundamentais a educadores e educandos, máis a familia das nosas rapazas e rapaces é unha terceira pata do trípode que sostén o colectivo, polo que tamén o seu papel na metodoloxía scout. Nesta ocasión no inicio de curso queremos resevar unha actividade que nos permita coñecernos un pouco mellor, creando un espazo horizontal onde tamén podamos aprender […]

EcoFormación para iniciarse no mundo scout

Estamos organizando unha actividade para adultos na que presentar a nosa metodoloxía educativo. Nesta pequena formación iniciaremos ás persoas participantes, dun xeito lúdico e entretido, os principios e bases do noso traballo educativo e a metodoloxía que empregamos para levala a cabo.