Lumes Nunca Máis

Despois dunha semana negra onde a serra do Xurés ardeu de lado a lado, onde a provincia de Ourense se cubríu de cinza obstaculizando así a entrada dos raios do sol e difuminando o azul, chegou o domingo. Hoxe en menos de 24 horas os arredores de Vigo víronse afectados por 80 lumes facendo que o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa agora de máis dun 81% na maioría do territorio galego segundo a Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia.

É por isto que nos vemos obrigados, polos nosos principios scouts (“a e o scout ama e protexe á natureza”), a denunciar esta serie de sucesos que traen como consecuencia a pérdida de toda unha historia colectiva e pérdidas de propiedades individuais cheas de recordos e vivencias. Ao mesmo tempo, recordar que antes de desaloxar as casas, o gando e o resto de animais que conviven con nós tamén teñen o mesmo dereito a sobrevivir a esta masacre, liberémolos. Poderías ser ti, poderiamos ser nós.

Animamos a todas e todos a participar nas próximas concentracións reclamando os cambios necesarios na política forestal que servan para resolver este eternizado problema. Protexer a Natureza é un deber de todas e todos.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.