A federación ASDE – Scouts de España, da que somos parte, ven de aprobar unha nova uniformidade que xa está en vigor. Este novo uniforme scout consiste nunha camisa azul de tecido técnico é igual en todos os grupos scouts que estamos integrados en ASDE -Scouts de España. Para coñecer máis da uniformidade podes consultar aquí máis detalles e seu regulamento. Na última páxina desde documento hai unha guía para a colocación de insignias, que moi importante consultar antes de poñelas no uniforme porque a norma é moi esixente en caso a iso. Para a vosa comidade colocamos tamén aquí a guía de colocación.

guia colocación insignias scout de ASDE

Tamén recomendamos enerxicamente que as insignias vaian cosidas e non se usen pegamentos como suxección, xa que cando se deban de cambiar unhas por outras (ao ir cambiando de etapa e sección) a camisa pode danarse.

Encargos

Podes encargar os uniformes a través do seguinte formulario. O prezo de cada uniforme é de 28,00 euros. Se é a primeira vez que encargas o uniforme este prezo se incrementa en 7,00 euros para cubrir o custe das insignias “pertenza” e “sección”. Se tes uniformes anteriores debes aproveitar as insignias da prenda anterior.  A insignia pertenza non cambia nunca e según vaia avanzando na progresión e cambiando de sección a insignia via cambiando. O grupo proporcionará gratuitamente as novas insignias sempre que se entreguen as anteriores en boas condicións para a súa reutilización.

O uniforme complétase cunha pañola, ou pano, exclusivo do noso grupo. Esta prenda é facilitada gratuitamente polo grupo a todas as persoas no momento de facer a súa promesa scout. A substitución desta prenda por deterioro ou extravío xa corre por conta da persoa a un custe de 15,00 euros.

Completa o seguinte formulario para facer o teu pedido. Lembra abonar os custes a través de transferencia na conta corrente do grupo (a mesmas que se usa no pagamento das cotas): FORMULARIO