Nados entre os anos 2005-2007, inclusive.

Estamos organizados en pequenos grupos: Pat. Aguias, Pat. Rinocerontes, Pat. Linces e Pat. Esquíos nos que nos preparamos como exploradoras e exploradores, aprendendo a orientarnos con mapa e compás; a adestrarnos en facer nós para construír cabanas e bivaques con troncos e ramas, a empregar o código morse para comunicarnos ao lonxe, a facer lume de xeito seguro e cociñar con el no monte. E, por suposto, todo no medio de moitos xogos e actividades deportivas. Coa axuda das monitoras falamos das aventuras que nos gustaría vivir e as imos preparando nos mesmas!

Se queres apuntar ao teu fillo ou filla, convidámoste a coñecer as condicións e encher o formulario de inscrición.

SS27