Entries by Xulio

Yuka apúntase aos scouts

Dende a empresa Yuka Animación e Lecer, especializada en animacións infantís e na que traballas algúns doso nosos voluntarios e voluntarias, entenden o noso compromiso educativo e sempre están dispostos a colaborar co noso grupo. A súa icónica persoaxe Yuka, un trasno que vive noutra dimensión, que é o protagonista das súas animacións ben de […]

Aprender a participar, participando

  Este mércores, 20 de abril, explicaremos na Facultade de Ciencias da Educación en Ourense, os fundamentos educativos do método scout e a súa potencialidade para canalizar o dereito participación infantil e xuvenil, de aprender a participar, participando. Será na Facultade de Ciencias da Educación, na Aula 1.5 a partir das 17:30 horas. Nenos, nenas […]

Vacacións de campamento!

Para estas vacacións escolares de Semana Santa o noso grupo está preparando dous campamentos, para dous grupos de idade diferente, en lugares e días diferentes pero con diversión e aventuras aseguradas en calquera das posibilidades que ofertamos. Non deixes pasar esta gran oportunidade descubrir a de cousas que eres capaz de facer e a de […]

Descubrindo a natureza da nosa contorna

Unha cousa que nos define moi ben ás persoas scouts é que somos amantes da Natureza e encántanos gozar dela dun xeito respectuoso e sostible, aproveitando as oportunidades que nos ofrece para aprender dela. E como mostra diso, esta fin de semana imos aproveitar unha boa oportunidade para achegarnos a un espazo natural que está […]

Plantamos árboles para ter un mundo mellor

Este sábado día 23 de xaneiro imos desenvolver en colaboración coa organización ecoloxista Amigos da Terra unha pequena actividade de repoboación forestal nos montes do Palmés, que foron vítima este ano dun incendio que consumiu máis de 200 hectáreas de monte nesta zona rural do Concello de Ourense.

Apúntate ao Campamento de Nadal para Exploradores/as!

Se queres vivir parte das túas vacacións de Nadal dun xeito diferente, en pleno contacto coa Natureza, aquí tes unha estupenda oportunidade para vivila neste campamento de Nadal a través de numerosas actividades na que sentirás unha auténtica experiencia como explorador/a aprendendo a usar mapas e compás, rutas buscando indicios e pistas mentras imos descubrindo o patrimonio […]

Presentámonos ante 10.000 rapaces e rapazas en MEGAXOVE

Estamos crecendo como grupo, paseniñamente, pero queremos seguir medrando e para iso temos que darnos a coñecer a cidadanía e na Fundación Expourense nos ofreceron a fantástica oportunidade de estar presentes no gran salón de 8.000 metros cadros de ocio infantil e xuvenil que é MEGAXOVE, entre os días 5 e 8 de decembro, co […]

Estaremos na Feira do Voluntariado

Este sábado 5 de decembro é o Día Internacional do Voluntariado e a Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense organiza unha pequena mostra de entidades de voluntariado na nosa cidade, de xeito que as persoas con inquedanzas poidan atopar onde prestar o seu tempo e en que actividades. Nos seremos unha das entidades que […]

Apoiamos a Marcha Mundial polo Clima en Ourense

Desde o Grupo Scout ILEX 959, ao igual que o fai ASDE – Scouts de España a nivel estatal, apoiamos a Marcha Mundial polo Clima que durante o 28 e 29 de novembro, horas antes do inicio do crucial Cumio do clima que se celebrará en París. Miles de cidades, desde Sidney ata Río de Janeiro, […]

Imos de magosto

Este próximo sábado imos de magosto e pasar un día xuntos. Así iremos coñecendo un pouco millor e de seguro que nos imos divertir moito tamén. Será unha moi boa oportunidade, non so de aproveitar unha celebración tradicional da nosa cultura ancestral, senon que tamén será unha boa ocasión para empezar a practicar habilidades scout como […]