Apúntate ao Campamento de Nadal para Exploradores/as!
Se queres vivir parte das túas vacacións de Nadal dun xeito diferente, en pleno contacto coa Natureza, aquí tes unha estupenda oportunidade para vivila neste campamento de Nadal a través de numerosas actividades na que sentirás unha auténtica experiencia como explorador/a aprendendo a usar mapas e compás, rutas buscando indicios e pistas mentras imos descubrindo o patrimonio natural da contorna e facendo novos amigos e amigos.
Un campamento de Nadal que terá 4 días de emocións e aventuras, entre o 26 e o 29 de decembro, baixo o coidado dun experimentado equipo de monitores e monitoras, que desenvolverán todo un programa de divertidas actividades. Achegate ao mundo scout con esta aventura que compartirás con outras rapazas e rapaces da túa idade (entre os 8 e os 13 anos) nas fermosas terras da Ribeira Sacra ourensana, contando coa colaboración do Concello de Esgos que pon a nosa disposición o seu Albergue de Vilar de Ordelles.
Convivirás con auténticos scouts dos que aprenderás técnicas de supervivencia e se che gusta a experiencia sempre te podes sumar ao noso grupo e participar nas actividades semanais que organizamos ao longo de todo o ano.
O prezo da actividade para persoas que aínda non son socias é de 49 euros. Podes solicitar a túa preinscrición neste campamento de Nadal para recibir máis información a través do formulario que ven a continuación.
Hace unos dias inscribi a mi hijo en vuestro campamento de nadal y todavia no he recibido ninguna comunicacion de si esta admitido o no. Como puedo saberlo? Algun telefono de contacto.
Mis datos son Montserrat Ferreiro Rodriguez – Lalin
Tes razón Monse, imos retrasados con isto. Esta mesma noite mandámosvos un correo electrónico.