Presentámonos ante 10.000 rapaces e rapazas en MEGAXOVE

megaxove cartel redEstamos crecendo como grupo, paseniñamente, pero queremos seguir medrando e para iso temos que darnos a coñecer a cidadanía e na Fundación Expourense nos ofreceron a fantástica oportunidade de estar presentes no gran salón de 8.000 metros cadros de ocio infantil e xuvenil que é MEGAXOVE, entre os días 5 e 8 de decembro, co respaldo da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, e que vai xa pola súa dezaseisava edición.

Esto nos da pe a chegar a milleiros de rapaces, rapazas, e as súas familias que terán a oportunidade de saber de nos, as nosas actividades e do noso vindeiro campamento de Nadal. Alí estaremos os catro días, en horario de 11:00 A 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, cun recuncho ambientado con elementos propios do campismo e tamén faremos un pequeno taller de chapas no que cada participante terá a oportunidade de facer un deseño personalizado e fabricar unha capa que lucir prendida da súa roupa. Será un xeito de facer tamén un agasallo moi económico, de balde, para algún familiar ou amigo, de xeito que podemos evitar o consumismo que as datas do Nadal parace casi inevitable.

No nos espazo ambientado os visitantes atoparán instalada unha das nosas tendas preferidas, con forma de tipee indio, ademáis dunha pequena representación do ambiente dun dos nosos campamentos, así como elementos propios da nosa tradición e actividades, como o Totem da Manda, a nosa socorrida corda pita, guías de natureza, copases e mapas para as nosas actividades de orientación, 

programa megaxove red

Pola mañá do sábado estaremos en MEGAXOVE coas nosas rapazas e rapaces da Manda e da Tropa, que terán tempo para visitar as distintas atraccións da feira, mais tamén adicarán parte do seu tempo a atender o noso posto e axudar ás persoas visitantes a confeccionar a súa propia chapa e falarlles persoalmente da súa recente experiencia como scouts. Despois de todo tamén e unha responsabilidade dos rapaces e rapazas contribuir ao progreso do grupo, e así vanse familiarizando coas actividades de servizo público que son parte da nosa tradición e identidade scout.

Lembramos ás familias que aqueles rapaces/zas que dispoñan do uniforme veñan con el xa posto.

Se tendes interese nos contidos da feira podedes acceder aquí ao programa completo de Megaxove.

1 reply

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.