Gozando do magosto

Carbon

Pode haber algo mellor que un día enteiro no monte, desfrutando do magosto, gozando da natureza e das túas amizades? Seguramente non, e menos cando podes combinalo coa aprendizaxe de habilidades scout, como é facer o teu propio lume; e así poder comer, xogar e cantar ao seu carón.

O sábado 14 de novembro tanto a Tropa coma a Manda sairon ás 10:30 do Espazo Xove (Casa da Xuventude) cara o monte de Mende. Tras un breve percorrido a rapazada tomou contacto coa Natureza e, como bos iniciados na exploración, comezaron a pescudar o lugar.

A primeira hora tocou recoller leña para comezar a preparar a fogueira. Mentres comezaba a arder, scouts e scouters, sen perder en nengún momento de vista o lume, entretivéronse xogando unhas cantas partidas aos “homes lobo de Castromao”, entre outros xogos.

scouts exploradores

Facer un lume é algo indispensable cando tes que sobrevivir no monte. É útil para todo, para cociñar, para entrar en calor, para asustar a bestas salvaxes, ou mesmo para empregar os seus restos para camuflarse co ambiente, como fixo algún dos nosos scouts… E no grupo Scout Ilex 959 podes aprendelo. Tras unhas pequenas brasas, o lume prendeu e a rapazada ocupouse de mantelo e alimentalo, aprendendo tamén a mellor forma e a máis segura de facelo. Por suposto nesta ocasión, como sempre que facemos lume, contamos co permiso da autoridade administrativa competente.

Scouts na fogueira

Chegado o momento de comer, sentámonos arredor do lume, aferrándonos ao seu calor, e cada un asou un chouriciño para completar o seu menú. Para a sobremesa tamén se asaron unhas cantas castañas, con moi diferente resultado según a pericia, e memoria, dos encargados de vixialas.

Xa co estómago ben cheo, tocou queimar a renovada enerxía. Comezou o momento das cancións, porque non pode haber lume de campamento, sen cancións de campamento. É un paquete inseparable, e aínda máis con Akela á espreita… Aínda máis, tivemos a oportunidade de coñecer novas cancións gracias á visita do Baloo da Manda do Grupo Scout San Jorge 33, da Coruña.

Scouts cantando

Máis tarde houbo máis tempo para explorar e, por suposto, para xogar e coñecernos un pouco máis; así que o “koala”, ou despois xogamos ás películas… e por qué non, unha improvisada e espectacular competición de ximnasia! Onde mozas e mozos puideron amosar aos demais as súas habilidades.

xogosPero tristemente o día remataba e a noite ameazaba, así que o magosto tivo que chegar á súa fin. Sobre as seis da tarde recollemos ben as cousas, pondo moita atencón en non deixar lixo tirado para deixar o monte mellor do que estaba, voltamos a casa para descansar. E ate a próxima!

todos e todas as do grupo

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.