Plantamos árboles para ter un mundo mellor

Plantamos árboles xaneiro 2016Este sábado día 23 de xaneiro imos desenvolver en colaboración coa organización ecoloxista Amigos da Terra unha pequena actividade de repoboación forestal nos montes do Palmés, que foron vítima este ano dun incendio que consumiu máis de 200 hectáreas de monte nesta zona rural do Concello de Ourense.

Na actividade participarán unha ducia dos nosos rapaces e rapazas da Manda e a Tropa, de entre 8 e 13 anos, que estarán acompañados polos seus scouters, xunto a varios voluntarios/as e activistas de Amigos da Terra. As familias contades con información máis detallada na carta informativa que lles enviamos.

 

Deste xeito dende o Grupo Scout ILEX 959 comezamos as nosas actividades de servizo público que caracterizan ao noso movemento e que son parte da educación en valores que desenvolvemos. A actividade está aberta á participación doutras persoas, que deberán avisarnos con antelación escribíndonos un correo electrónico.

scouts plantando árbolesPrantaremos preto de medio centenar de árbores novas e tamén sementaremos varios centos de sementes para que cando agromen contribuirán á rexeneración deste espazo. Tamén acometeremos pequenas intervencións para evitar a erosión e perda de solo fértil.

Durante toda a xornada, estaremos acompañados e guiados por Xosé Santos, cunha dilatada traxectoria como activista ambiental e tamén axente forestal en activo. Dáse a circunstancia ademais de que foi el o responsable da coordinación do dispositivo da Consellería de Medio Rural activado para combater o lume que atacou estes montes este mesmo verán. Deste xeito poderá tamén aportar moita información de como foron os duros traballos de extinción, ademais de por en valor e visibilizar o importantísimo labor dos traballadores forestais no coidado e defensa dos nosos montes.
Horarios e programa
As intervencións darán comezo aproximadamente a partir das 12:15 horas nos terreos da Comunidade de Montes Naves, que apoia estes labores, ata aproximadamente as 14:00, momento no que comezaremos unha pequena ruta interpretativa ata Outariz, pasando ao lado do Mosteiro de Santa Comba de Naves (onde pararemos a xantar) e As Conchadas. Neste percorrido as persoas participantes terán a oportunidade de apreciar diferentes elementos de valor patrimonial, tanto histórico artísticos como naturais, ademais dunhas vistas e paisaxes moi especiais. A actividade rematará aproximadamente ás 18.00 horas.
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.