Descubrindo a natureza da nosa contorna

diahumidaisUnha cousa que nos define moi ben ás persoas scouts é que somos amantes da Natureza e encántanos gozar dela dun xeito respectuoso e sostible, aproveitando as oportunidades que nos ofrece para aprender dela. E como mostra diso, esta fin de semana imos aproveitar unha boa oportunidade para achegarnos a un espazo natural que está moi perto de nós e que a moitas persoas pásalle desapercibido.

O sábado día 30 participaremos nun roteiro polo Río Loña, en Pereiro de Aguiar, organizado por Amigos da Terra en xunto coa Aula de Natureza do río Miño, do Concello de Ourense, á que sumamos a nosa colaboración. É unha actividade para por en valor esta zona e festexar o Día Mundial dos Húmidas. Celebración que este ano leva por tema “Humidais para o noso futuro: Medios de vida sustentables” xa que os humidais proporcionan numerosos servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do Planeta: regulan o clima, os ciclos da auga ou mesmo son unha importante fonte de traballo e de economía sostible.

natureza scoutA actividade consistirá nun paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Loña guiados polo naturalista Alberto Rivero, autor do blog Fauna Gallaecia, que nos axudará a coñecer un pouco mellor a flora e a fauna desta espazo. Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñedes deles.

Como xa avisamos ás familias a través da carta informativa o punto de encontro, de entrega e recollida dos menores, será na base do encoro de Cachamuiña, Pereiro de Aguiar (42.338033, -7.802758), que aparece marcado no seguinte mapa. A actividade durará dende as 10:30 ás 13:30 horas do sábado 30 de xaneiro. É unha actividade aberta á cidadanía polo que podedes vir acompañados por outras persoas, pero nese caso debedes de mandar un correo a info@amigosdaterra.net indicando o voso interese en participar.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.