Entries by Xulio

Coidando dos animais abandoados

As rapazas e rapaces da Sección Scout, que teñen entre 11 e 14 anos, tiveron toda a tarde da reunión do pasado sábado 6 de xuño unha actividade de servizo, compartindo o seu tempo coa protectora de animais PROGAPE, que está ao cargo da canceira municipal de Ourense, na que coidan dos cans e gatos […]

De Galicia a Ceuta: unha aventura ao outro lado do estreito

Este ano, os nosos scouters Akela, Baloo, Pau e Teo, decidiron ir botar unha man nada menos que a Ceuta! Asistiron como “staff” ao 51º Festival da Canción Scout, organiza por ASDE – Scouts de España, que este ano se celebraba na cidade autónoma, ao outro lado do estreito. Esta foi a primeira vez na […]

Non faltamos á festividade dos Maios

Sempre que podemos tentamos de manternos conectadas ás raíces culturais da nosa contorna e nesa liña gústanos moito tomar parte nunha das festas máis enxebres e singurales que hai na nosa cidade: Os Maios. Algún ano participamos como grupo, máis nas tres pasadas edicións foi a Unidade Esculta a que asumiu a tarefa de elaborar […]

Un soleado campamento primaveral en Allariz

Como sempre aproveitamos as vacacións escolares para facer unha escapada para que a nosa rapazada viva novos retos e desafíos de campamento. Nesta ocasión, fixamos a base do noso campamento de primavera no cámping de Allariz, ao carón do Río Arnoia, onde o primeiro que fixo cada sección foi plantar a súas tendas para os […]

Campamento para reiniciar a actividade

Do día 5 o 6 de outubro puxemos rumbo ao Concello de Ribas de Sil (Lugo) para reiniciar un novo ciclo anual cun campamento, que sen dúbida é o mellor xeito que retomar a actividade scout. Neste caso, quixemos achegarnos por primeira vez ao emblemático Courel e fixemos base nas magníficas instalacións do Xeocamping Montañas […]

Preparando o inicio da Xeira 25/26

Pois abrimos una xeira solar, que é como lle chamamos ao novo curso, e xa será a undécima dende que abrimos as nosas portas alá polo ano 2015, e moitos dos daquela rapaces e rapazas participantes son hoxe os scouters (monitores/as) do grupo. Para dar a coñecer o que facemos este vídeo de aquí abaixo, […]

Campamento de verán para reconectar coa natureza

Un ano máis cargamos a nosas mochilas para establecer o noso campamento de verán, o décimo da nosa historia, e que nesta ocasión volveu a montarse na Póboa de San Xiao, no lugués Concello de Láncara que xa nos acolleu estupendamente anos atrás.

Celebramos a chegada a primavera participando na Festa dos Maios

A Festa dos Maios é unha tradición moi arraigada en Ourense e moi popular, onde a chegada da primavera é celebrada con coloridas estruturas de madeira recubertas de elementos vexetais que proceden dos nosos montes. Estas creacións, adornadas con musgo, ramas e transforman o espazo urbano nun museo efémero cheo de vida e simbolismo. Unha […]

Descubrindo as paisaxes de Padrenda

Un ano máis, e aproveitando as vacacións escolares nesta época do ano, collemos o noso equipamento de acampada e partimos cara a un novo campamento. Entre os días 13 e 16 de abril, desta vez disfrutamos das fermosas paisaxes do concello de Padrenda, en Crespos, a poucos quilómetros da fronteira con Portugal e da provincia de Pontevedra. Foron catro días intensos, repletos de todo […]