Preparando o inicio da Xeira 25/26
Pois abrimos una xeira solar, que é como lle chamamos ao novo curso, e xa será a undécima dende que abrimos as nosas portas alá polo ano 2015, e moitos dos daquela rapaces e rapazas participantes son hoxe os scouters (monitores/as) do grupo. Para dar a coñecer o que facemos este vídeo de aquí abaixo, polo que xa pasaron uns anos, está plenamente vixente para dar idea da noso labor.
En resumo podemos dicirvos que facemos as nosas actividades os sábados pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, e desenvolvemos campamentos dentro do periodos das vacacións escolares, en inverno, primavera e verán.
Estamos, como sempre, abertos a que novas persoas entren a disfrutar da vida scout, polo que se aínda non sodes parte do grupo, convidámosvos a recibir máis información facendo a aquí a vosa preinscrición!.
Empezamos co “Campamento de inauguración”
Como cada ano o comezo regular das actividades inicia cun campamento de fin de semana. Unha actividade moi importante na que ir facendo cohesión e arrancar coa organización cada sección. O campamento terá lugar no Xeocamping Montañas do Courel, ao que chegaremos en tren. Neste campamento sérvenos para por en marcha cada sección, acoller as novas persoas que a integran e familiarizarse coa metodoloxía, repartir responsabilidades e sobre todo para divertirse e facer ou reforzar as amizades que son a base da nosa vida scout.

É un campamento para persoas membro do grupo, pero que tamén abrimos a familiares e amigos dos nosos integrantes para que poidan coñecer e probar o que facemos e así namorarse do noso xeito de traballar e unirse a nosa gran familia scout, con coñecemento de causa!

Lembrade que é preciso facer a inscrición previa a través deste formulario. Se vos fará chegar información máis detallada a través das canles habituáis. O campamento rematará cun xantar á que todas as familias estades convidadas a participar, traendo comida para compartir, o domingo 12 de outubro.