Coñecendo e compartindo con outros escultas dos outros grupos scout galegos
A rapazada que integra a Esculta Aetheria, formada polos educandos nados entre 2008 e 2010, viaxaron do 28 de febreiro ao 2 de marzo ata Coirós, na Coruña, para participar no Akelarre, im importante evento scout que organiza a nosa federación ASDE – Scouts de Galicia, e nos fixeron chegar este pequeno relato onde nos achegan a súa experiencia de primeira man:
“Que é ou Akelarre?” Un Alelarre é unha xuntanza na que participan as e os escultas de distintos grupos scouts, neste caso de toda Galiza. Ou evento busca crear un espazo de convivencia e intercambio entre scouts de entre 14 e 16 anos, promovendo o debate, a reflexión e o crecemento persoal en comunidade.
O primeiro día, estabamos bastante cansados da longa xornada de viaxe, xa que chegamos a Coirós pola noite e aínda por encima tivemos que montar as tendas de campaña. A pesar diso, a cea foi un momento xenial no que fixemos piña con outros grupos scouts que nos recibiron con moito agarimo, o cal nos alegrou moito para o resto do campamento.

Ao día seguinte, fixemos actividades moi interesantes que tratan sobre a diversidade, abordando temas como o racismo, a homofobia, a xenofobia, entre outros. Foron actividades moi dinámicas nas que nos fixeron reflexionar, dar a nosa opinión sobre estes temas e ademais deixáronnos unha gran aprendizaxe. Tamén, a través destas puidemos coñecer a distintas persoas coas que acabamos facendo grandes lazos.
O domingo, realizamos unha acción de recoller lixo nun humidal, en colaboración coa asociación Fragas do Madeo, que nos gustou moito, xa que facía tempo que non realizabamos un servizo así. Foi unha gran oportunidade para lembrar a importancia de coidar da nosa contorna.
Para finalizar, queremos agradecer aos nosos scouters por facer posible este evento. A súa dedicación, esforzo e coidado en cada detalle fixo que esta experiencia fose inesquecible. Saimos de Coirós con novos amigos, novas ideas e, sobre todo, cunha unha gran aprendizaxe.
Buena caza y largas lunas
Esculta Aetheria












