Ante o machismo … scoutismo!

No noso grupo tivemos sempre moi claro que a data do 8 de marzo é unha das máis importantes do calendario porque recoñecemos como fin propio do noso colectivo a igualdade de oportunidades entre xéneros. Recibimos a inspiración da forza, da valentía e a loita de todas as mulleres que traballan por construír un mundo mellor, e polo tanto máis xusto. Este día é unha chamada á reflexión, ao compromiso e á acción para acadar unha igualdade real. No scoutismo cremos nun mundo onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades para medrar, liderar e soñar.

Temos a firme crenza de que non hai mellor antídoto contra o veleno do machismo que construír un mundo máis feminista. E non só dicímolo, demostrámolo e por iso adicamos toda a tarde a traballar sobre isto. Primeiro, todas as ramas nos xuntamos na primeira actividade, na que grazas a un de par de xogos, logramos empatizar con quenes sofren a inxustiza e iso nos deu pé a compartir reflexións sobre as que padecen as mulleres, sobre o porqué desta data, verbalizando inxustizas que vivimos e observamos e tamén coller forza e contexto para construír as nosas propias mensaxes reivindicativas.

Logo, xa por seccións, estivemos a pensar nas mensaxes e fabricar as nosas propias pancartas para levar á manifestación da tarde. Tamén algunhas persoas aproveitaron para pintar na cara simboloxía feminista e mesmo algunhas tinguiron e pelo de violeta, a cor feminista.

Una vez engraxada a nosa maquinaria reivindicativa puxemos destino ao Parque de San Lázaro, de onde saiu a manifestación convocada polo movemento feminista, unídonos a mobilización que atravesou o centro da cidade ata chegar á Praza Maior, onde asistemos á lectura dos comunicados.

Así pois, cada 8 de marzo, pero tamén cada día do ano aplicaremos esta consigna: fronte ao machismo … scoutismo!