Un soleado campamento primaveral en Allariz

Como sempre aproveitamos as vacacións escolares para facer unha escapada para que a nosa rapazada viva novos retos e desafíos de campamento. Nesta ocasión, fixamos a base do noso campamento de primavera no cámping de Allariz, ao carón do Río Arnoia, onde o primeiro que fixo cada sección foi plantar a súas tendas para os 3 días que pasaríamos alí.

A Manda, formada polo xente máis nova do grupo, tamén ten ocuparse de montar a súa tenda e deixala limpa e lista para a noite. Aquí todo o mundo ten que traballar un pouquiño e facer a súa parte.

Coñecer os cabalos do lugar foi unha experiencia que deixou algún do máis impactado, pero afortunadamente non foi por unha couce sen que foi un impacto emocional de ver tan de preto a estes impresionantes animais tan de preto.

Non faltan por suposto moitas actividades movidas e xogos pero tamén hai espazo para que a creatividade este sempre presente nas súas actividades, tanto de día como de noite, mesmo a hora de plasmas as súas súas aventuras no “Libro de Ouro” no que se atesouran as vivencias e lembranzas das distintas xeracións de lobetos e lobetas que pasaron pola “Manda Pobo Libre”.

A ruta, foi pequeniña e sinxela para ir cultivando o gusto polas camiñadas pola natureza que son tan propios da nosa cultura.

A zona dos bambán foi un punto de especial interese e ocupación de cada elemento era moitas veces moi disputada.

As veces o máis memorable poden ser eses pequenos momento de relax, en compañía das Vellas Lobas, cantando mentres descasan baixo os suaves raios do sol de primavera.

A Sección Scout deu comezo a súa acampada, unha vez montadas as tendas, a practicar un chisco aspectos básicos sobre nós e amares esenciais nas construcións scout.

Tamén adicaron un tempo a coñecer a vila de Allariz que nos acolleu este días, para familiarizarse coa contorna urbana e visitar algúns dos seus puntos de interese.

A ruta non puido faltar e mesmo tiveron que erguerse moi cedo para ir na procura da Asociación Andrea para protección dos burros, xa que querían coñecer a interesante labor desta entidade, aínda que desafortunadamente algunhas eivas no percorrido impediulles chegar e tiveron que volver un chisco frustradas, pero foi unha boa oportunidade para por en práctica o que di a Lei Scout sobre “ser animosa/o ante perigos e dificultades” porque aínda que as cousas non saian sempre ben o importante e por interese e esforzo no proceso, máis que o propio resultado. En calquera caso tamén souberon gozar da oportunidade de contemplar as paisaxes que descubriron ao longo da ruta, así que foi unha experiencia de todo positiva.

Tamén tiveron ocasión de facer un obradoiro de manualidades co que aprenderon a facer abelorios que posteriormente poderán vender para obter recursos propios para o seu proxecto “aventura” que aínda teñen por desenvolver.

Pero sobre todo no campamento tiveron tempo para brincar, porque divertirse e o mellor xeito de fortalecer a amizade e crear un bo ambiente de grupo

A Unidade Esculta, formada por adolescentes, deulle un enfoque bastante independente ao seu campamento, empoderándose da cociña e creando o seu propio menú e ocupándose de todos os seus propios servizos de cociña, resultándolles unha experiencia bastante grata e que que queren facer máis a miúdo.

Prepararon bastantes xogos, e improvisaron uns pouco máis, que serviu para facer cohesión e pasar un rato distendido. Aquí vos deixamos un deles que consistía nuns duelos nos que había que quitarlle a perruca ao rival. Unha premisa sinxela pero bastante divertida na que resultou un vencedor moi inesperado.

Fallos na planificación da ruta, de todo se aprende, levoulles a trazar un percorrido bastante improvisado, cruzándose mesmo coa Vía da Prata do Camiño de Santiago, que os levou por camiños inundados e a buscar alternativas que lles fixo dar algunhas voltas de máis e cambiar e chegar máis tarde do previsto para preparar o xantar e poder disfrutalo, pero aínda así non houbo queixas e houbo en todo momento moi bo ambiente e risas, así que despois de todo, foi un éxito de resiliencia e do que sacar tamén algunhas boas aprendizaxes.

Na noite aproveitaron tamén para facer unha observación astronómica simple, na que tiveron ocasión de operar un telescopio bastante potente co que puideron observar algún planeta, como Urano, pero tamén ver con moito detalle e asombrosa definición os cráteres da superficie luar, aproveitando que estaba ben chea e o ceo bastante despexado.

O Clan tamén estivo presente no campamento, dando reforzo e acompañamento nas actividades das outras seccións, pero tamén desenvolvendo o seu proxecto de avance individual o outras de caracter máis lúdica como un taller de elaboración dunha “cervexa de manteiga” sen alcol como as que se tomaba o famoso Harry Potter cos seus amigos de Howarts.

Como parte da nosa metodoloxía, os rapaces e rapazas, son os encargados de preparar as comidas, polo que se reparten os servizos para preparar os almorzos, xantares, merendas ou ceas, e tamén de fregar todos os cacharros empregados no cociñado e os que usamos para comer. Isto fai que as veces haxa que madrugar un chicos máis para ter todo listo para os demais.

Un dos momentos máis entrañables foi o da formulación das promesas, que nesta ocasión tivo por protagonistas a Isa, da Manda, e a Xoel e Marié da Sección Scout, dando un paso ao fronte para comprometerse e ser parte oficial do movemento scout mundial, e que como non podía ser doutro xeito, celebrámolo cos correspondentes manteos e hurras na honra dos iniciados.

E para pechar o campamento, seguimos a gran tradición de finalizar a experiencia cantando o “adeus scout” que nunca está exento de emoción.

Pachamos así tres intensos días de actividade e xa desexando que pronto chegue o seguinte campamento. Lembrámosvos tamén que unha pequena crónica deste campamento foi recollida na prensa local, concretamente no suplemento dominical VIDA do xornal La Región.