Vacacións de campamento!
Para estas vacacións escolares de Semana Santa o noso grupo está preparando dous campamentos, para dous grupos de idade diferente, en lugares e días diferentes pero con diversión e aventuras aseguradas en calquera das posibilidades que ofertamos. Non deixes pasar esta gran oportunidade descubrir a de cousas que eres capaz de facer e a de novos amigos e amigas que facer pasandoo estupendamente. ACTUALIZACIÓN: Inscripcións pechadas
Marantes, campamento para Manda (7 a 11 anos)
Montaremos, nós mesmos, as tendas de campaña nas que durmiremos. Despois, tocará coñecer o terreo e as árbores que temos ao arredor; xogaremos, á luz do sol e da lúa; e, xa no día seguinte, volverémonos uns auténticos artistas desenvolvendo toda a nosa creatividade. E máis! Aprenderemos a guiarnos coas estrelas, cantaremos sen parar, camiñaremos, correremos, contarémonos contos… E, cando marchemos sentíndonos unhas auténticas exploradoras e exploradores, deixaremos todo como o encontramos, aínda que repleto de lembranzas e bos momentos.
Do 23 ao 25 de marzo
Faremos esta acampada xunto con outras nenas e nenos da mesma idade do Grupo Scout Chan 292, de Santiago. Despois, se che gusta a actividade, podes sumarte ao noso Grupo e participar nas actividades semanais que organizamos durante todo o ano.
O prezo do campamento é de 16 euros para as nosas socias/os, que inclúe todo os gastos durante a actividade. Pero, se aínda non es socio/a, non te preocupes, porque inscribirse é moi doado aínda que a alta conleva un custo de 37,50 euros que ademáis te dará dereito a participar durante 3 meses nas nosas actividades ordinarias. Neste campamento non está incluido o transporte de ida e volta ata o lugar de campamento, aínda que vos facilitaremos o contacto entre as familias participantes para que poidades, se queredes, compartir as viaxes do xeito que vos sexa máis practico e económico.
Descargar aquí documento informativo
Camporee, campamento para Tropa (de 11 a 14 años)
Esta campamento terá lugar na instalación do campamento xuvenil de Virxe de Loreto, no fermoso termo municipal de Porto do Son, na coruñesa península do Barbanza e a moi pouco metros da afamada praia de Aguieira, nun entorno natural fabuloso. Un basto espezo para xogar onde instalaremos as nosas tendas de campaña durante 3 días.
Do 25 ao 27 de marzo
O máis emocionante será que participaramos xunto a rapazas e rapazas de mesma idade de media ducia de grupos de ASDE – Scouts de Galicia, cos que teremos a oportunidade de aprender da súa experiencia e coñecer a súas tradicións. Con eles compartiremos xornadas repletas de aventuras na ambientación da cultura vikinga, expertos en supervivencia en entornos hostiles, que presidirá as distintas dinámicas e actividades. Gozaremos dun lume de campamento no que imitaremos as risas, probas de valor ou cancións propias destes rudos nórdicos.
Tamén teremos ocasión de explorar a contorna con rutas nas que descubriremos os valores naturais deste territorio costeiro, e no que ademais faremos algunhas intervencións destinadas a mellorar as condicións ambientais da contorna na que habitaremos estes días facendo valer un dos nosos lemas que di que “os/as scouts deixamos todo mellor do que o estaba”.
O prezo do campamento é de 25 euros para as nosas socias/os, que inclúe todo os gastos durante a actividade. Se aínda non es socio/a, non te preocupes, porque inscribirse é moi doado aínda que a alta conleva un custo de 37,50 euros, que ademáis te dará dereito a participar durante 3 meses nas nosas actividades ordinarias. Neste campamento si está incluido o transporte de ida e volta ata o lugar de campamento.
Descargar aquí documento informativo
Incricións
Para participar en calquera das nosas propostas por favor, enche o seguinte formulario de preinscripción. Unha vez o recibamos porémonos en contacto contigo para darte máis detalles.