O campamento de verán máis especial para 2018, na illa de Ons

Queremos invitar a todos aqueles rapaces e rapazas de 8 a 15 anos a vivir unha aventura única no noso campamento de verán, que terá lugar do 16 ao 27 de agosto de 2018 en dúas localizacións diferentes. Os primeiros 5 días os pasaremos en Xeguinte, unha pequena localidade do minicipio de Oia (Pontevedra) para desplazarnos a última semana ata o recinto do Campamento Xuvenil Illa de Ons, en pleno Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiciaun magnífico espazo protexido de enorme valor para a conservación do que disfrutar as rapazas e rapaces que participen desta experiencia.

illa de Ons

De Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)Trabajo propio, CC BY-SA 3.0, Enlace

Durante estes días levaremos a cabo distintas actividades, tales como  cancións, bailes, construcións en madeira, realización de bivaques, veladas nocturnas, grandes xogos e dinámicas e, sobre todo, moitas risas.

Tamén se desenvolverán algunhas rutas para coñecer os especias valores naturais da contorna e mesmo se farán algunhas actuacións encamiñadas a contribuir a preservar este patrimonio natural. Será pois una gran experiencia educativa pero sobre todo na que os rapaces e rapazas participantes se divertirán moito, facendo novas amizades e gañando autonomía persoal.

Datas

O campamento divídese en dúas quendas. A primeira comezará o día 16 e está destinada as sección de Tropa e Unidade Esculta, grupo que comprende as idades de entre 11 e 15 anos (rapazas e rapaces nados entre 2003 e 2006); mentres que os rapaces e rapazas da Manda, de 8 a 11 anos (nados entre 2007 e 2009), comezarán o campamento o día 20. As actividades de ambas rematarán na mesma data, o luns 27.

Custe

O prezo será de 200 euros para os 12 días de campamento dos rapaces maiores (inclúe o transporte de ida e de volta a Ourense), e de 140 euros para os 8 días de duración para os máis pequenos (inclúe o transporte de volta a Ourense). Este custe de inscrición inclúe, ademáis dos transportes previstos, a alimentación, aloxamento, actividades, seguros, materiais, transportes en barco, e monitores/as durante todo o periodo da actividade.

idades datas inscrición observacións
8 – 11

Nados nos anos 2009-2007

20 – 27 de agosto 140,00 inclúe transporte en bus de volta ata Ourense
11 – 14

Nados nos anos 2006-2003

16 – 27 de agosto 200,00 inclúe transporte en bus de ida e volta desde Ourense

Inscripción

preinscrición campamentoO prazo para inscribirse está PECHADO. Hai 60 prazas en total, unha delas está esperando por ti! A que esperas para sacar ao scout que levas dentro? Anótate neste formulario para preinscribirte!. Non faga ningún pago ata que lle confirmemos que se lle asignou unha praza.

Unha vez recibamos a preinscrición contactaremos no menor prazo posible para confirmar a praza e enviar a información para o pagamento e un dossier informativo con máis detalles sobre a actividade (horarios, que levar, teléfonos dos responsables, etc.)

Mesa

Tes algunha pregunta máis?

Non dubides en porte en contacto con nós para facernos chegar calquera pregunta ou suxestión enviando un correo electrónico a ilex695@scout.es e indicando teu teléfono para poder respostarche, se prefires que che contestemos por este medio.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.