enerxía solar e eólica

Enerxía 100% renovable para o noso local

Nos scouts traballamos moito en valores no deseño das nosas accións educativas, sendo a esencia mesma do movemento scout. Temos un discurso sólido en igualdade, paz, xustiza, tolerancia, defensa do medio ambiente, etc. pero carecería de sentido se so se fixese dun xeito retórico e non práctico. Un dos principios básicos da metodoloxía scout é precisamente a educación pola acción e é xusto por iso que tratamos de integrar todos eses valores na vida cotiá e na propia xestión do grupo.

Deste xeito sempre estamos tentando facer melloras na nosa políticas de compras para facelas máis coherentes cos nosos valores. Por exemplo para determinados produtos que se consumen nos campamentos e cuxa produción é necesariamente de países distantes (como o cacao, café ou infusións) mercámolos de Comercio Xusto na tenda que a ONG Solidariedade Internacional ten nosa cidade, e todo a leite que adquirimos debe de contar co selo Galega 100% para así apoiar as explotacións leiteiras do noso país.

Enerxías limpas para loitar contra o cambio climático

nosa enerxía distribuidora
Hoxe estamos orgullosos de anunciar que a partir de agora toda a enerxía eléctrica que consumiremos no noso local será de orixe 100 % renovable e certificado, como nos garante o noso novo provedor Nosa Enerxía, que ademais é unha cooperativa de distribución de enerxía de capital galego, co que tamén estamos a contribuír a fortalecer iniciativas cidadás que colocan a enerxía en mans da xente e non nas garras das grandes empresas dun oligopolio que fai e desfai ao seu antollo. Consumir enerxía renovable axuda a combatir a polución e o cambio climático, un dos más grave problemas ambientais do mundo.

Sentimos que cada día estamos a construír un mundo mellor facilitando exemplos viables e asequibles de cidadanía comprometida. Somos conscientes de que aínda temos que ir facendo moitas máis melloras e queda pois moito camiño por percorrer e estamos abertos a calquera proposta ou suxestión á hora de establecer novas prioridades nas que progresar coa nosa coherencia.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.