Diversión e alegría para Manda no exitoso desenvolvemento do seu proxecto

Na fin de semana do 16 e 17 de xuño tocaba levar por fin a cabo a “caza” que é o gran proxecto para o fin de rolda dos lobetos e lobetas que forman a Manda Pobo Libre. Este ano foi un fin de semana intenso, cheo de diversión e aventura no que nos desprazamos á estación de Manzaneda para pasar o fin de semana.

en Manzaneda
Para o aloxamento o Club Alpino Ourensan cedeunos o seu refuxio de montaña para pasar alí os dous días, e como nolo cedeu a custo cero e somos scouts decidimos facer un servizo, que foi recoller leña para despois cortala e gardala na leñera para agradecer o gran favor que nos fixeran.
apañando leña
Despois de comer e recoller leña realizamos a primeira actividade que os cativos decidiran levar a cabo, que no era outra cousa que unha actividade de multiaventura onde tiñan que realizar un circuíto de cordas e tirolinas entre arboles no que durante hora e media tivieron que superar distintos e emocionantes retos.
aventuras en Manzaneda
Ao acabar esta actividade e xa de volta ao refuxio tocáballes a primeira tarefa que era por seisenas cociñar a cea de macarrones con atún, como eles decidiran no momento da planificación do proxecto semanas atrás. Despois da cea tócanos a gran velada: unha apocalipse zombie no que as integrantes da Manda tiñan que adentrarse na escuridade da noite fuxindo dos zombies, xa que de morderlles converteríanse nun deles. Una vez superada esta proba a noite volveuse máxica durmindo todos e todas ao calor da cheminea, por que aínda que esteamos no verán a 1.550 m (que é a altura á que está situado do refuxio) fai bastante frio cando cae o sol.
Manda ceando
O domingo pola mañá despois de almorzar e do acto comunitario, decidimos realizar unha ruta cara ao alto de Manzaneda desde onde se pode ver todo o val, desde Chandrexa ata Montederramo e pasando pola Rúa. Durante a ruta, aínda que pareza raro por estas datas, atopamos un neveiro onde lobatas e lobatos gozaron chimpándos a rebolos e realizando amizosas batallas de bolas de neve.
neve en xuño
Despois tocou volver ao refuxio para cociñar o xantar, para o que esta vez tiñan escollido arroz con polo e ensalada de tomate e leituga que culminaba cun flan de vainilla de sobremesa. Xa se achegaba a hora de ir recollendo, polo que daquela comezaron a preparar mochilas, limpar o refuxio para deixalo, como sempre, mellor do que o atopamos e baixamos cara á estación para montar no bus que nos deixaría no local scout para que as súas familias recolleran á rapazada que traia unha chea de historias que contar.