Unha noite máxica que marca o fin da xeira solar
As raíces da celebración da Noite de San Juan pérdense no tempo. Os nosos antepasados crían que o Sol estaba namorado da Terra e resistíase a abandonala. E esta parece ser a base para festexar na última noite de primavera, ao redor do 24 de xuño, que é a máis curta do ano. A isto uníase a crenza de que ese día era o ideal para escorrentar aos malos espíritos e atraer aos bos, así como para librar encantamentos de amor e fertilidade. E como no noso grupo gústanos participar da cultura popular sumámonos a esta tradicional festa.
Nesta ocasión a idea era facer cohesión grupal entre todas as seccións e ademais pasar un bo intre xunto a todas as familias e para iso trasladámonos ao concello de Barbadas, que moi amablemente concedeunos a autorización para realizar a fogueira. A actividade comezou ás 19:00 cun taller básico de como realizar un lume en función da súa forma e materiais necesarios dispoñibles para inicialo. Neste caso decantámonos pola fogueira de base cadrada empregando isca creada a partir de corda pita (material que un scout sempre ten a man). Todas colaboraron tomando un pedazo de corda para separar os seus fíos, esfiañalos cos dedos e xuntalos creando unha bóla pouco compacta, con moito aire no seu interior, obtendo un excelente material para iniciar a fogueira, xa que xera moita chama e moita calor para prender os paus máis pequenos e así ir metendo paus cada vez máis grandes formando un cadrado.
Despois de comer e gozar do bo ambiente que se respiraba foi tempo de escribir nun papel todo o malo que queriamos facer desaparecer para logo queimalo na fogueira. Acto seguido xa só quedaba o último que se adoita facer antes de apagar a fogueira, que é saltar sobre ela dun lado a outro. Aquí comezou a parte máis divertida da festa xa que o saltar o lume é unha actividade en grao sumo emocionante, especialmente para os lobetos e lobetas, xa que representa unha gran oportunidade que ninguén quixo deixar escapar. Incansables, saltaban unha e outra vez chavalada e scouters dun lado ao outro poñendo caras e posturiñas para saír ben nas fotos. Aos poucos fóronse animando pais e nais, e que por suposto eran quen mellor saltaban.
A legar ás doce e tocou recoller e como somos scouts e sempre deixamos todo mellor que como o atopamos, empezamos a bater a zona onde estivemos a recoller todo resto que non fose propio do lugar. Para poñer fin ás derradeiras brasas da fogueira fixemos uso de garrafas de auga de 5 litros que enchemos no río en numerosas viaxes para asegurarnos de que non houbese rega de que reavivase. Xa ao día seguinte volvemos para retirar todos os restos, armados de pas e capachos, para retirar os últimos restos carbonizados e posibles cravos que pedisen estar nas madeiras que queimamos.
En resumo, foi unha actividade na que desde a máis pequena ata o máis maior gozamos todos como ananos. Para o ano repetimos, seguro!