As ondas conectáronnos con realidades scouts de todo o mundo
A quincena de mozas e mozos scout que forman parte da Unidade Esculta, coa axuda da Unión de Radioaficionados de Ourense, foi partícipe do evento scout anual internacional que conta con máis participantes de todo o mundo.
A Organización Mundial do Movemento Scout, da que forman parte máis de 40 millóns de persoas en activo, organiza anualmente un encontro virtual durante toda unha fin de semana na que mozos e mozas de distintas parte do mundo e que comparten as vivencia e valores do estilo de vida scout teñen a oportunidade de entrar en contacto para compartir experiencias e explorar oportunidades de colaboración con outros membros desta inmandade internacional ao redor de todo o mundo. Este evento chámase Jamboree on the Air (JOTA) que significa “Encontro scout no aire” xa que este contacto faise por medio de comunicación de tipo radioaficionado.
O noso grupo participou por vez primeira neste evento grazas a entusiasta e espléndida colaboración da Unión de Radioaficionados de Ourense (U.R.O.) que ten a súa sede no Centro Cívico da Cuña durante a tarde do pasado sábado. Nesta ocasión participaron os rapaces e rapazas máis maiores so grupo, a Unidade Esculta, formada por mozos e mozas de 14 a 17 anos e que grazas a orientación e asesoramento que recibían dos radioaficcionados puideron establecer contacto con scouts de México, Italia, Alemania, Chile e Venezuela, ademáis de con outros grupos scouts de España.
Compartiron anécdotas, experiencias e ideas que servirán de base para a programación de futuras actividades e intercambiaron datos de contacto con moitos destes grupos para manter a comunicación e ter aberta as portas a futuras colaboracións. Foi un encontro moi enriquecedor, que ademáis de ser unha boa oportunidade de practicar idiomas, foi tamén moi estimulante e motivador para estes xóvenes scouts que puideron coñecer a potencialidade e versatilidade do mundo do apaixoante mundo dos radioaficionados e as súas aplicacións. Esta actividade chamou a atención dalgúns medios de comunicación como o xornal LA REGIÓN e TELEMIÑO que se fixeron eco da nova. Igualmente a federación ASDE – Scouts de España, da que somo parte tamén recolleu a nosa participación, xunto coa de outros grupos, dentro da súa web.
Este ano a nosa participación foi de toma de contacto, pero a bo seguro que para edicións posteriores exploraremos a múltitude de posibilidades que este evento nos ofrece, non so a nivel de comunicación senón tamén como toma de contacto práctica con diversas tecnolóxías que resultan moi atractivas e útiles para o mundo scout.