Vacacións na Natureza no Xurés, no noso campamento de inverno
Este ano a nosa actividade polas vacacións de Nadal transládase á marabillosa contorna do Parque Baixa Limia – Serra do Xurés, no concello raiano de Muiños. Asentarémonos a carón do refuxio de Albite, da Federación Galega de Montaña, que será a base do noso campamento de inverno e dende a que desenvolveremos as aventuras scout que imos protagonizar.
Esta instalación está estupendamente equipada e conta con aloxamento en liteiras, calefacción e auga quente, ademáis un espacioso comedor cunha fabulosa cheminea.
Non deixes pasara esta oportunidade de vivir unha auténtica experiencia scout nun dos lugares de maior valor ambiental de toda Galicia. Una experiencia para ampliar o teu círculo de amizades, a ser máis autónomo e gañar confianza superando os pequenos retos que supón a vida en comunidade de campamento.
O prazo límite de inscrición é o mércores 21 ás 23:59 horas.
A quen vai dirixido?
Este campamento está dirixido a rapazas e rapaces de 8 a 14 anos, que estarán repartidos en grupos de idade. Por un lado a Manda (para quen teña entre 8 e 10 anos) e polo outro a Tropa (para quenes teñen entre 11 e 14 anos). Cada grupo terá a súa programación e equipo de monitores/as propio aínda que compartiremos tamén algunhas actividades.
Neste campamento participarán rapaces e rapazas que xa desenvolven actividades scout todo o ano con nós, pero tamén está aberto á participación doutros nenos e nenas que queiran coñecer as nosas actividades e que terán nete campamento unha oportunidade fantástica para coñecer e esperar o gusto pola exploración e as aventuras
scouts.
Que actividades imos facer
Estamos de vacacións e imos a divertirnos a base de ben facendo xogos e divertidas dinámicas, explorando a cotorna natural, talleres, cociñar, rutas, veladas, bailes e cancións, etc. Todas nos axudarán a coñecernos, a gañar autonomia e gozar da vida na natureza.
Temática
A actividade estará ambientada no mundo máxico de Harry Potter, que será moi estimulante para a súa imaxinación e creatividade. Os monitores e monitoras asumirán os roles dos persoaxes populares da saga como Hermione, Hagrid, Dumbeldore, etc. mentres que os participantes asumirán os roles de estudantes de maxia das catro casas do colexio Hogwarts.
¿Que custe ten?
- 40,00 euros para socios/as do noso grupo (os irmáns pagan 35,00 euros por praza)
- 60,00 euros para non socios/as do grupo
Equipamento recomendable
Todos os participantes recibirán unha carta na que se lles detallará a equipación básica que han Cde levar, que non é nada especial, e a documentación que deberán de entregar para facer efectiva a súa participación.
Experiencia: Os nosos anteriores campamentos
Se queres coñecer un pouco mellor como son os nosos campamentos, animámoste a que lle botes un vistazo ás crónicas dos nosas anteriores experiencias:
- Ver VíDEO
- Campamento en outubro 2016 (3 días)
- Campamento en verán 2016 (6 días)
- Campamento de xuño 2016 (2 días)
- Campamento de semana santa 2016 maiores (3 días)
- Campamento de semana santa 2016 pequenos (3 días)
- Campamento de nadal 2015 (4 días)
- Campamento de outubro 2015 (2 días)
Tes algunha pregunta máis?
Non dubides en porte en contacto con nós para facernos chegar calquera pregunta ou suxestión enviando un correo electrónico a gruposcoutilex@gmail.com indicando teu teléfono para poder respostarche, se prefires que che contestemos por este medio.
Inscricións
Solicita a túa praza dun xeito rápido e sinxelo a través do seguinte formulario e nuns días recibirás a confirmación e toda a información para prepararse para a aventura.
O prazo límite de inscrición é o luns 21 ás 23:59 horas.
Hola boas tarde, son monitor de campamento e tempo libre con titulación era por si nesesitabades algun monitor ou animador eu estaria disposto un saudo 🙂
Moitas grazas polo teu interese. Acabamos de mandarche un correo electrónico con información.