Campamento Xogwarts de maxia e feiticería
26 de decembro do 2016. Era un día fresco e soleado. Xuntámonos no punto de encontro. Alzando a mirada, podíase distinguir unha sinal: Andén 9 e ¾. A maxia estaba a piques de comezar.
Así comezou o noso campamento de inverno, que se desenvolveu entre o 26 e 29 de decembro. O autobús Expreso nos levou ao campamento Xogwarts, máis coñecido pola xente de a pé (muggles) coma Albite, na Serra do Xurés. Aquí desfrutamos dun campamento inmersos no mundo de Harry Potter, aprendendo feitizos, facendo pócemas e loitando contra os magos escuros.
Nesta ocasión a Manda estivo poboada por elfos e elfas, que formaron a casa Lobadobby. Pero non se conformaban con ser domésticos, e estiveron todo o campamento loitando pola súa liberdade. Por iso puxeron todos o seu esforzos en facer boas accións, e respectando as Máximas de Baloo.
E por suposto, mentres loitaban pola súa liberdade tamén sacaban tempo para xogar, decorar a zona de campamento e aprender cousiñas máxicas. Cociñaron pócemas coas propiedades máis máxicas que vos podedes imaxinar, e conseguiron convencernos para tomalas!
A casa Lobadobby tamén sacou tempo para facer non unha, senón dúas boas caminatas! Nunha ocasión fixeron un rastrexo polas terras do Xurés, mentres que o segundo día se achegaron ao veciño pobo de Puxedo para aprender a facer pan.
E, chegado o fin do campamento, coma non podía ser doutro xeito… acadaron a liberdade!
A Tropa estivo formada polos magos e bruxas que introduciríanse por primeira vez no mundo da maxia. Así que, unha vez chegados ao campamento, dividíronse nas 4 casas, a saber: Slitherag, Ravenrrin, Griffilin e Hufflepes.
Pero deixemos que eles e elas nos conten coas súas propias palabras a súa experiencia:
CASA SLITHERAG
A la casa de Slitherag le gustó mucho este campamento ambientado en Howarts. No nos gustó la actividad especial del primer día pero nos encantó la velada de la poción Felix-felicis. Nos fuimos a casa con una experiencia nueva, la de ducharnos con jarras de agua caliente. Nos gustaron muchísimo las camas gigantes y la comida. A mí especialmente me gustó ser el padrino de Brais cuando hacía la promesa scout. Con todas estas experiencias nos fuimos a casa para poder compartirlas con nuestros padres y amigos y esperar la siguiente aventura.
Gabriel, subguía da patrulla Aguias
CASA RAVENRRIN
Campamento de Muíños de Harry Potter
Fixemos una ruta para atopar obxectos máxicos e destruír Horrocrux. Foi una actividade moi difícil pero entretida e divertida porque tiñas que orientarte nun mapa para encontrar os obxectos. A patrulla rinocerontes conseguiu 2 obxectos e 3 pistas e pasámolo en grande.
Tamén estivemos facendo guoguos para as pañolas, utilizando paus gordos, navallas e serras. A min resultoume unha actividade algo complicada e non conseguín acabalo.
Fixemos 3 veladas nocturnas que foron moi divertidas. Na primeira velada do psiquiátrico houbo que curar aos tolos, facendo probas que nos indicaba un papel, foi moi simpática. Na segunda velada da poción Félix Felicitys houbo que buscar papeis en forma de follas verdes ou brancas para fabricar a poción e metelas nunha pota. A nosa patrulla conseguiu case todas as follas. A última velada actuaron todas as patrullas e tamén manda. A nosa patrulla fixo un baile sobre o que sentíamos no momento no que o ensaiamos: fame, frío e sono.
Ademais na patrulla dos rinos dous dos membros fixeron a súa promesa: Brais e Hirut. Estaban nerviosos e emocionados. Tiñan moitas ganas de facela.
Unha actividade divertidísima foi a competición de nos que trataba de construír unha estrutura para a bolsa do lixo. Antes estivemos aprendendo a facer os nos.
O último día xogamos ó quidditch, con paus e pelotas, tratando de meter algunhas desas pelotas nuns aros que estaban no chan. Foi moi divertido. Unha vez fun buscadora, tiven que correr moitísimo e acabei esgotada. Tamén había cazadores que se encargaban de meter algunhas de pelotas nos aros e golpeadores que se encargaban de brilar aos membros do equipo contrario para facer que volveran a súa portería.
Erea, gardiana de lendas da patrulla Rinocerontes
CASA GRIFFINLIN
Crónicas de Xogwarts
Primeiro día en Xogwarts (ou case)
En canto entramos ao anden 9 ¾ sabíamos que ía a ser algo moi especial. No expreso de Xogwarts coñecémonos, Gael, André, Diego e eu (Paula), sen saber que chegaríamos a ser da mesma casa.
Chegamos a Xogwarts e subimos os baúis (mochilas en linguaxe muggle).
Arriba atopámonos con Hagrid, que estaba cara o lago escuro, quen nos axudou a cruzar o lago xa que éramos de primeiro ano.
Despois de enfrontarnos a innumerables perigos chegamos ao castelo de Xogwarts, tan radiante coma sempre, pasamos ao gran comedor, alí atopábanse os profesores, vestidos coas súas mellores túnicas. O sombreiro mandounos aos catro a Griffinlin despois de enumerar cualidades nosas.
Máis información
No dormitorio falamos da nosa sorte mentres colocabamos as nosas cousas, fomos comer e mais tarde, despois de facer algúns xogos tivemos tempo libre e os Griffinlin dedicámonos a traballar no bordón da patrulla.
Despois recollemos paus para facer unha actividade coa navalla, a cal consistía en tallar unha piqueta.
Tras moito tempo de tempo libre e a creación dos cinco (esa xa é outra historia) cenamos no gran comedor e para a nosa sorpresa fixemos unha velada.
O arte de durmir
Xa de noite falamos (en contra das normas) da sorte que tivemos mais dalgunhas anécdotas do dia .
O resto…
O resto é de supoñer: entre veladas, quidditch, partidas as cartas e tinieblas, clases de pocións (relacionadas con roubos ós centauros[“tos falsa”Snape “tos falsa”]), rutas e destrución de horrocruxes UPS! ESO NON DEBERIA HABELO DITO !!!!!!!!!
(para os magos que ledes isto son asuntos que concirnen ao ministerio de maxia)
Entrando no tema do quidditch a última mañá pasámola xogando ao quidditch, as vasoiras eran dun modelo antecedente da Nimbus 1999, parecía que ían a gasoil, entre tanto a snich era difícil de localizar o que fixo o xogo mais entretido.
Tamén houbo unha ruta na que por mor dunha brúxula enfeitizada (en lingua muggle: que estaba mal magnetizada) perdémonos. Na ruta obtivemos (grazas a Gael e Diego) pócema agudizadora do inxenio, (grazas a André) unha pista é (grazas a min[Paula]) a espada de Griffinlin.
Con iso axudámonos para abrir un cofre en forma de tres libros apiñados e destruímos o anel dos Gaunt.
Botamos de menos algunha clase de defensa contra as artes escuras e de encantamentos.
Promesas
Aproveitando este campamento nestas datas algúns dos nosos compañeiros (incluíndo o meu curmán Aldán) aproveitaron para facer a promesa.
Despídome
A estancia en Xogwarts foi moi agradable.
E así remata o noso capítulo o demais depende das outras casas.
Despídome pero non sen antes dicir aos muggles que len este artigo que e pura ficción inventada por min, @s meig@s so lles digo.
“Draco dormiens nunquam titillandus”
Paula, gardiana de lendas da patrulla Linces
CASA HUFFLEPES
Neste último campamento baseado na saga de Harry Potter, pasámolo moi ben, foi un dos campamentos con maior convivencia que fixemos, pois case non houbo problemas e os poucos que houbo os solucionamos.
No campamento houbo monitores doutros grupos, inda que non eran Scouts, pero fixeron coma se foran Scouts do noso grupo e portáronse moi ben c@s scout (tropeiros e lobatos) e cos monitores/as.
Como gardián de lendas da patrulla Esquíos podo dicir que as actividades que máis nos gustaron foron a ruta, que fixemos coa patrulla Aguias, e porlle nome a nosa patrulla, pois antes éramos a patrulla X.
En resumen, foi un campamento xenial e estaría moi ben que volvéramos a facelo con outra saga.
Iván, gardián de lendas da patrulla Esquíos
CERIMONIAS
E coma non rematar este texto, sen facer mención ás novas promesas que se fixeron ao longo deste campamento:
Paula, da patrulla Esquíos, ampliou a súa promesa.
Hirut e Brais, da patrulla Rinocerontes.
Baloo, scouter de Manda.
Aldán e Ares, integrantes da Manda.
Benvidos a todos e todas!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!