A Manda súbese polas paredes!
Todo o mundo tranquilo. Non é que os nosos pequerrechos cachorros estén enfadados senón que a finais do pasado xaneiro tiveron a fantástica oportunidade de ter unha primeira achega ao mundo da escalada da man dos nosos sempre dispostos amigos e amigas do Club Alpino Ourensán que nos prepararon una marabillosa sesión mañaneira para descubrirnos este completo deporte que require tanto de axilidade como de valentía.
E precisamente valor non lles faltou aos lobetos que, aínda que son de corpo miudo, están repletos de enerxía e chegaron moi aniosos e motivados de enfrentar este novo resto que lles prepararon nesta ocasión os Vellos Lobos. Aproveitaron moi ben as 3 horas no Pavillón dos Remedios, do Consello Municipal de Deportes de Ourense, puxo a nosa disposición grazas á xestión do club montañeiro.
Cada un puxo o seu límite e foron moitas e moitos quen os que chegaron ata o cume dos 11 metros do punto máis alto do rocódromo e case todos tiveron ocasión de repetir. Pero o deporte non rematou so na parede senón que houbo tempo tamén, mentras agardas a túa quenda para trepar, para xogar e entredar aproveitando a tope a pista central do pavillón.
En resumidas contas, foi una xornada moi especial que dexou nestas pequenas e pequenos rapaces as gañas de seguir afondando na práctica deste deprote. Seguro que haberá máis oportunidades!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!