Exploramos as Corcerizas

Comezamos a ronda con moitísima ilusión! Os días 7, 8 e 9 de outubro 52 persoas, entre lobetos e lobetas, tropeiras e tropeiros, e scouters, pasamos un fin de semana de campamento fantástico mentres exploramos a Serra de San Mamede.

Neses 3 días deunos tempo a facer un montón de cousas, queredes saber ver que? Seguide lendo e mirade as fotos!

Xuntámonos

O mellor dun campamento é xuntarse con antigas amistades e facer outras novas, convivir, pasalo ben e compartir experiencias.

xuntamonos

Xogamos

As mañás as pasamos xogando, coma non podía ser de outra maneira: probas, rastrexos, ximcanas…

xogando

Polas noites aproveitamos a nocturnidade para facer xogos de achecho e tamén gozamos dunha estupenda velada astronómica buscando algunhas das constelacións máis coñecidas.

Camiñamos

A tropa pasou a tarde do sábado camiñando pola serra, facendo unha pequena ruta para gozar da paisaxe e merendar noutro ambente.

ruta

Construímos

Mentres, a Manda decidiu construír un poboado indio, reunindo todos os paos que atoparon. Así, déronlle acubillo a miniAkela e marcaron o seu territorio cunha bandeira, un polo e unha pañola.

Cabanas

Medramos

E cada vez somos máis! Con este campamento seguimos dándonos a coñecer, sumando scouts tanto en Manda coma en Tropa. E xa sabemos que canta máis xente, mellor o pasamos!

manda

tropa patrullas

E grazas a este crecemento, a Tropa puido ver o nacemento dunha nova Patrulla. Benvida patrulla Linces!

Comprometémonos

Por último, seguimos sumando pañolas no noso grupo. Nesta ocasión, fixeron a promesa a scouter de Manda Bagheera, e os scouts de Tropa Gabriel e Martinho, da patrulla Águias, e Daniel, da patrulla Rinocerontes. Parabéns!

promesas

promesas2

A primeira experiencia scout

Esta campamento forma parte dun proxecto que tiña como finalidade achegar a experiencia scout a máis rapaces e rapazas de Ourense a a súa contarna e que se desenvolveu grazas á axuda do programa Iniciativa Xove, da Xunta de Galicia, que achegou os fondos necesarios para o seu desenvolvemento de xeito que esta actividade, como as outras do proxecto, non supuxeron nengún custe para as persoas participantes.