Tempo de magosto!
O pasado domingo día 13 de novembro reunímonos Manda e Tropa para pasar un día xuntos co gallo da celebración do tradicional magosto e así tamén coñecernos un pouquiño máis xa que a nosa actividade está moi centrada, pero como ten que ser, en cada unha das seccións.
Encántanos o magosto porque é unha celebración popular no monte, que é o escenario favorito para as nosas aventuras, e ademais facemos lume, sempre con seguridade, que é tamén algo moi característico da vida de exploradoras/es que tanto nos agrada recrear. Nesta ocasión o Alto do Cumial, cunha magnífica vista da cidade, foi o lugar escollido para este enxebre celebración.
Para facer lume normalmente tomamos moitas precaucións para evitar que escape e produza un incendio, mais nesta ocasión aconteceu todo o contrario e tivemos que gastar moito tempo e moitísimos esforzos para arrancar o lume pois toda a leña que puidemos apañar esta moi húmida polas intensas chuvias dos días precedentes. Pero como o scout e responsable e non deixa nada a medias, aplicamos a tenacidade ata conseguir arrancar un lume que nos deu para facer nas escasas brasas que conseguimos uns suculentos chourizos que souberon a gloria.
Houbo tempo tamén para a diversión con xogos e unha intensa e moi disputada Quiniela Tola, organizada por Helena, que a través de moi absurdas e divertidas probas puxo a proba o enxeño e a capacidade de traballo en grupo dos nosos scouts.
Nesta ocasión deixámosvos un resumo audiovisual que tivo a ben facer o noso xeitoso Baloo, dende agora fotógrafo oficial do grupo.
Ciao, sono un esploratore italiano nel mio intento di ottenere la specialità di amicizia internazionale, sto alla ricerca di altri giovani esploratori con cui comunicare e conoscere la loro realtà scout locale. Se gentilmente potreste mettermi in contatto con qualche esploratore sarei molto grato
Grazie
Alessandro Tassotti
Pattuglia Cobra
Gruppo San Benedetto del Tronto 1
e-mail: alessandro.tassotti@gmail.com
facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100010349403488
Hola, soy un explorador italiano, en mi intento de obtener la especialidad de amistad internacional, estoy en la busca de otros jovenes exploradores con quien comunicar y conocer la realidad scout local. Si gentilmente pueden meterme en contacto con algun explorador lo agradiceria.
Gracias
Alessandro Tassotti
Patrulla Cobra
Grupo San Benedetto del Tronto 1
e-mail: alessandro.tassotti@gmail.com
facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100010349403488