scouts na costa

Un campamento para aprender a autoxestionarse

Nas pasadas vacacións de primaveira, a Tropa decidiu mudar as montañas ourensás por un clima un tanto… diferente. Así, colleron as mochilas e puxeron rumbo a Vilanova de Arousa, onde puideron gozar de catro días de sol e calorciño, xusto á beira da praia nas intalacións da Xunta de Galicia no Albergue Xuvenil de As Sinas! Unha experiencia diferente na que a implicación na participación na toma de decisións foi especialmente fundamental.

O xoves, tras unha viaxe en bus amenizada por numerosas cancións, chegouse á instalacións e o primeiro que se fixo logo de descargar todo do bus, foi introducir a ambientación do campamento. E vaia ambientación! Inspirándose na película de Captain fantastic, as scouters adoptaron outros nomes e identidades, converténdose en persoas célebres e críticas co modelo actual da nosa sociedade. George Orwell, Simone de Beauvoir, María de Villota, Sés, Chichana e Berta Cáceres fomentaron que as nosas rapazas e rapaces se sumiran nun campamento moi, moi especial.

implicación scout

Cada patrulla tivo que autoxestionar o seu propio campamento: que actividades querían facer, o menú que ían a comer durante a acampada, as veladas que se ían a realizar, cociñar a súa propia comida ou escoller o mellor sitio para montar a tenda. En vez de ser un único campamento, rematamos tendo catro campamentos paralelos á vez! Este nivel de implicación obedece as pautas da nosa iniciativa enmarcada no programa “Infancia Participa“, de ASDE – Scouts de España, para fomentar os procesos de participación infantil na federación.

 

Deste xeito, cada patrulla puido profundizar naquelas cousas que lle chamaban máis a atención ou eran do seu interese. Coma no caso da Pat. Rinocerontes, que decidiu afondar máis na técnica scout e elaborou unha estrutura para soster as bolsas do lixo no comedor, ou a Pat. Linces, que decidiu vivir un día moi intenso de ruta na illa de Arousa, percorréndoa dun lado o outro! A Pat. Esquíos pasouno moi ben con actividades de distensión, coma os xogos cooperativos ou a risoterapia. Para a Pat. Aguias o mellor foi poder achegarse un pouquiño a todo: código morse, as súas tradicións ou algo de técnica scout.

toma de decisións

Entre tanta actividade, tamén houbo espazo para facer unha asemblea, na que se decidiron as veladas que se ían a facer neses días (o final decidiuse xogar ó búnker, mergullarse nas nosas emocións e facer un axexo!) e tamén se puido falar da Aventura, seu gran proxecto anual, para poñer en común os avances que se levaban feitos ata a data. Aínda non podemos dicir nada do que as nosas rapazas e rapaces andan a pensar, así que temos que manter o segredo un pouquichiño máis!

scouts na costa

Foron unhas vacacións tamén para desconectar dos móbiles e reflexionar sobre as adiccións que xeran, especialmente entre as e os adolescentes, como e o seu caso. Para as actividades que desenvolvemos neste eido contamos co apoio da campaña ESCsinAdicciones 2.0, tamén de ASDE – Scouts de España.

promesas scout na praia

Unha das cousas máis emocionantes do campamento non foi ter que facer malabares para cociñar, senón que o foron as promesas e os pases de senda, que se fixeron nos actos comunitarios de cada día! Desta vez, foron Candela, Eva, Aldán, Takele, Pablo e Iván quenes decidiron dar un paso máis e comprometerse co scoutismo. Por outra banda, dando conta da súa progresión, Paula deu comezo á Senda do Desafío, mentres que Lola entrou na Senda da Colaboración.

simboloxía scout

Pero as sorpresas non rematan! Ademáis de cerimonias emocionantes, tamén puidemos celebrar dous cumpreanos! Foron o de Aldán, da patrulla Rinocerontes, e o de Paula María, guía da patrulla Esquíos.

foto tropa

Sen dúbida foron uns días de moita diversión, no que as patrullas puideron coñecerse moito máis e aprender o arte da toma de decisións en colectivo, porque para o mellor xeito de aprender a participar é participando! Todas o pasamos xenial e non podemos esperar a volver a coller os nosos petates, para poder emprender outra gran aventura!

Esta actividade está enmarcada no proxecto “Construíndo un mundo mellor libre de violencias” que conta coa axuda do programa “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.