scouts con xogos de auga

Segunda xeira de campamento pokemons por terras luguesas

Nesta nova edición do campamento de verán de Lugo, novos rapaces e rapazas Scout tiveron a oportunidade de dar o mellor de si mesmos para atopar a Mewtwo, un Pokémon lendario desaparecido, e ensinarlle ao mundo a súa valía. Para conseguilo tiveron que pasar por mil e unha aventuras, comezando con agocharse baixo identidades Pokémon e crear as súas propias vestimentas, con elas deberían conseguir puntos para ser máis fortes e máis listos. Nesta quen participaron as partrullas Rinocerontes e Esquíos ademais da Unidade Esculta, mentras que no campamento de xullo fora a Manda e máis as patrullas Aguias e Linces quen tivera ocasión de estar de campamento.

descanso en ruta

Neste longo percorrido atopamos en Porto Carmín diferentes retos, como soplar as velas nunha mañá de agosto, berrar cada mañá os nomes dos seus equipos, subir caixas, baixar caixas, lavar as mans chorrocientas veces, comer de máis, abrazarse de menos, chorar cando novos irmáns se unían a lucir pañolas e valores e celebralo dándolles ás para que voasen alto, pero sabendo que cando caeran habería unhas máns unidas esperando para collelos.

Nos días de sol, coa axuda dos Pokémon de auga, mergullaron as súas pañolas e gorras en capachos de pocións misteriosas, resbalaron por un chan azul movedizo, e lanzaron pokeballs con auga de cores polo ceo. Os días de chuvia e néboa, xuntos pero separados, compartían espazo entre billares, ping pong, futbolíns e pasillos. Durmían cando o pobo durmía, agochábanse baixo árbores e capuchas a comer os bocatas e peladillos, camiñaban perdidos entre carreiros de silvas, rodearon murallas e ríos, e cando saía de súpeto o pisol, aproveitaban para agocharse baixo a piconta atrás do picuento.

scouts na sala de xogos

Tamén tiveron que aprender a relaxarse en noites de estrelas, desenvolver as súas especialidades, confiar nos seus compañeiros mentres camiñaban na escuridade, usar os coñecementos xa adquiridos de orientación para non perderse en Sinoh ou aprender sobre ioga e astronomía para evolucionar.Orientación urbana en Lugo cos scouts

 

Nestes axetreados días, os viaxeiros que chegaban á Cidade Azafrán so vían cabezas agochadas en mapas, reloxos bomba cada 15 minutos, cancións inventadas e outras que adiviñar. Para obter puntos, os novos Pokémon tiveron que capturar instantes como obxectivo, descubrir acertixos, rir, axudar e resolver conflictos, estar atentos porque cunha palabra calquera persoa podería ser o seu inimigo, aplaudir ante frases inesperadas e vasos caídos cando o silencio aparece de súpeto na cociña, escoitar textos sinceiros cada mañá mentres as súas mentes soñadoras crean un círculo, discurrir tempadas novas de series que veremos nun futuro ou queixarse das inxustizas do mundo.

actividades unidade esculta

Percorreron rúas e carreiros para atopar a Mewtwo e medrar como Pokémon. Buscaron nos recunchos de Lugo, entre portas, parques, terrazas e igrexas de pedra pegadas ao río, e aínda que era case imposible, grazas as súas evolucións, ao aprendido e o vivido conseguiron rematar a aventura abrindo xuntos a caixa onde se atopaba o Pokémon desaparecido.

Un momento importante  de solemnidade pero tamén celebración foron as cerimonias das promesas de Mateo, da Sección Scout, e Nerea, scouter da Unidade Esculta, que entraron durante este campamento a formar parte da gran irmandade mundial scout.

cerimonias scout

Para rematar a aventura fixeron as mochilas, que esta vez pesaban menos, sentaron no bus e descansaron o vivido, sabendo que xuntos son invencibles. “Non hai nada máis forte ca unha amizade forxada en batalla” (James, Pokémon).

Este campamento de verán foi posible grazas ás axudas públicas do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.