scouts con mascarilla

Descubrindo pokemon polas terras de Lugo

Xa chegou o verán, e con el unha de oportunidades de aventura. A pesar de todo o acontecido meses atrás, este ano realizouse tamen un campa de verán un tanto especial, ao que soamente asistiron dúas patrullas (Aguias e Linces) da Sección Scout e a Manda. A Unidade Esculta e as patrullas Rinocerontes e Esquíos terán a súa oportunidade en agosto.

pokemon

Sen moito tempo de preparación, o 15 de xullo, puxemos rumbo cara Lugo, á Residencia Universitaria LUG I facilitada pola Xunta de Galicia,  onde pasaríamos 5 días cheos de ledicia e diversión. Ese día comezou cunha pequena charla sobre medidas de seguridade, cousa que non faltaría durante o transcurso dos días, e xunto a estas, un pequeno sorteo, que decidiría a sorte dos participantes nas seguintes horas. Despois de desmontar e instalarse nas instalacións, deu comezo a acción, e con esta, o evento que todas esperabamos… A introducción a ambientacion: O mundo pokemon!Por orde de sorteo, a rapazada se estaba a transformar en pokemons a súa elección! Pokemons que lle acompañarían todo o campamento e que poderian evolucionar con puntos que gañarían a través de pequenas probas e actividades. Ao longo do dia aprenderon un pouco máis sobre a súa elección e sobre o que iba a acontecer, primeiro, coa aparición do departamento de Pokemons de tipo Auga do gremio Pokemon, que lles ensinou a empregar as súas habilidades nunha xincana de auga, e logo coa desaparición de Mewtwo. Este Pokémon desaparecido é moi poderoso e a nosa misión é atopalo pero ninguén sabe onde está o que pasou. Esa misma noite, durante a velada, as pistas leváronnos ata o Team Rocket. Só queda saber onde están e onde teñen a Mewtwo!

xicana auga Lugo

Despois de falar coa almofada e facer diversas hipótesis sobre o descuberto o día anterior, a rapazada levantouse esa nova mañá con moito ánimo e enerxías renovadas para salvar a Mewtwo. Desta forma, os pokemons de lume do gremio fixeron a sus aparición. Estes están especializados en traballar en equipo así como en facer que a rapazada mellore de forma individual. Con isto en mente, a Manda comezou facendo xogos cooperativos, o que incluía dende un xogo por equipos, ata o plantexamento dunha actividade para as scouters e un taller de expresión artística. Mentres tanto, a Sección Scout realizou un pequeno xogo de cidade por patrullas, mellorando o traballo en pequenos grupos, e tamén traballou ás especialidades individuais de cada quen.

Outro fresco día daba comezo en Lugo, sendo, esa mañá do 17, o día dos Pokemon de tipo planta. Estes encargábanse de explorar o terreo en busca de pistas que leven a coñecer o paradero de Mewtwo. Tras o almorzar, ambas seccións uniron mochila e camiñada para ir a descubrir os arredores de Lugo e os diversos paraxes naturais. A Manda, pola súa banda, colleu o mapa e dirixiuse ao Río Rato. Sendo guiadas polas máis pequenas, quenes aprenderon un pouco de orientación, rapidamente se puxeron en marcha. Despois de chegar ao destino, xantar e explorar un pouco, volveron de regreso cunha misión en mente: Capturar os 108 pokemons da pokedex que estaban esparexidos pola cidade! Tras unha gran búsqueda tendo esto como obxetivo, a Manda atopou 90 Pokemons, un gran logro en tan pouco tempo! nin os mellores entrenadores houberan alcanzado unha marca semellante.

De ruta scout por Lugo

Por outra banda, a Sección Scout non foi menos. Collendo o compás nunha man e o mapa na outra, coas técnicas de orientación aprendidas ao longo do trimestre quixeron demostrar todo o que sabían nunha ruta ata o río chea de aventura e de pokemons de por medio. Traballando en equipo e ensinando unhas a outras, as dúas patrullas chegaron ao destino, onde disfrutaron do xantar acompañados do son das aves e do río ao transcurrir. Tras isto, voltaron con calma ao albergue, onde lles esperaba unha merecida ducha e unha velada de relaxación, na que aproveitaron para descansar as súas esgotadas pernas.

xogos scout

O penúltimo día chegou, e con este, unha xornada especialmente calurosa. Acompañando o almorzo e as emocionantes promesas de Yeinder e Luango que tiveron lugar ese día, apareceron os Pokemon de tipo eléctrico, que querían darlle un día un pouco máis tranquilo a unha cansada rapazada, para despois iniciar unha intensa búsqueda. Neste dia todas xuntas se dirixiron a piscina, para desfrutar dunha tarde chea de risas e diversion. Unha pequena ruta deu comezo á tarde, pero non remataría aquí, pois a noite unha misión moi importante comezaría e tiñan que ir todas coas pernas axiles e a mente esperta. O gran esforzo realizado estes días por fin deu froitos, e con isto, o paradeiro de Mewtwo foi finalmente descuberto! A noite a rapazada, dividida en grupos, foi atopando pistas que lles levaban a diversas personaxes que lles contarían un anaco da súa historia e do porque da desaparición de Mewtwo. Tras moito investigar, unha parte do misterio foi resolta, e só restaba abrir a gaiola onde Mewtwo se atopaba preso.

promesas scout verano

O último día deu comezo, e as ganas de rescatar a Mewtwo estaban no máis alto! Tras as promesas de Noemí e Paula S., a rapazada dirixiuse a cidade, onde remataron de atopar as diversas pistas que lles levarona abrir a gaiola onde estaba o Pokemon desaparecido! Unha merecida celebración tivo lugar naquel momento tan esperado, pero a vez tan triste, xa que, nun par de horas sería a hora de volver ao fogar.  Tras recoller e subir no autobús, un gran silencio reinaba no lugar. Tras unha gran aventura e grandes experiencias, un gran descanso. Soñando co tempo que pasamos rescatando a Mewtwo, xa era hora de voltar, e con este, o fin do campamento.

Este campamento de verán foi posible grazas ás axudas públicas do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.