Frescas e soleadas montañas para o campamento de inverno

“Scout un día, scout sempre”. Sempre, sen esquecer nin o último día do ano. Por ese motivo, e moitos mais, incluso nestas datas decidimos coller o abrigo, o gorro e as luvas e irnos a vivir algunha aventura mentres nos protexemos do frío inverno no esperado campamento de inverno.

todos xuntos en San Xoan de Río

De esa forma, e con optimismo, o 26 de decembro o noso grupo viaxou ata Os Biocos, en San Xoán de Rio, lugar no que estariamos convivindo todas xuntas durante catro días. Manda, Sección Scout e Unidade, xunto coas suas scouters, se dedicarían os seguintes días a realizar as actividades programadas para ese campamento.

xogos scouts aire libre

Nada máis chegar, todas as seccións dedicaronse a instalarse rápidamente no lugar, para dar comezo aos primeiros xogos. Dende as máis pequenas ata as máis maiores, todas dedicábanse a correr e saltar para entrar en calor, ninguén quería permanecer quieta neste primeiro día. Así transcorreu a xornada, ata dar paso a unha noite pechada na que a Unidade tiña preparada unha máxica ruta nocturna que nin o frío puido deter.

xiada en Terras de Trives

Tras pasar unha xelida noite, ergueunos un día moito máis xelido ese 27 de decembro. A paisaxe, adornada cunha xeada mañaneira saudabanos con alegría, esperando a recibir os pés dunha xente que sen reacio e cun sorriso dispuñase a facer o acto comunitario e, seguidamente, marchar de ruta na busca de novos paisaxes e recunchos. Sen previo aviso, galos e romanos aparecen en escena presentándonos un xogo, algo que presaxiaba que non sería un día tranquilo. Cada quen tiña un rol que desempeñar, e o obxetivo, era eliminar ao bando contrario. As cartas estan sobre a mesa, ou, como diría Julio César: “Alea iacta est”, a sorte está botada. Ademais de eliminar ao bando contrario, cada quen tiña unha misión especial. Mañá non seria unha noite calquera, e, coma todos os anos, se celebraria o noso propio ano novo, tras o cal, cada persoa tería que darlle un agasallo feito a man durante o campamento a outra persoa, polo cal terían que pórse mans a obra, nunca mellor dito. Tras todos estes acontecementos, a Sección Scout e a Manda deciden partir, deixando á Unidade Esculta ao coidado da instalación.

lobetos e lobetas en ruta

sección scout en ruta por San Xoan de Río

sección scout en ruta

Unha pedra por alí e unha rama por alá, todo chamaba a atención da rapazada, que só buscaba vivir aventuras. A Manda, xunto coa pirata Maruxa, surcaron eses paisaxes xeadas para recuperar as chaves que abririan o cofre que fai un ano encontraron nunhas ruinas en Portomarin. Era tempo de descubrir o que este agochaba, e por iso mesmo, traballando en equipo, conseguiron superar todas as probas e conseguir ese precioso tesoro.

Mentres tanto, a Sección Scout non se quedaba atras; pouco a pouco e cun mapa na man e nun compás noutra, avanzaba por un camiño cheo de insospeitados obstáculos que se interpuñan ao seu obxetivo. Mentres tanto, a Unidade dedicou o día a facer algún servizo e a avanzar nos seus proxectos e a Carta de Unidade, aproveitando a tranquilidade que brindaba a ausencia do resto das seccións. Tras unha ducha quente, a quietude da noite trouxo consigo a realización dunha velada ambientada nas constataciones por parte da Manda, un taller de relaxación coa Sección Scout, e o mítigo xogo de Rommel e Montgomery para a Unidade antes de ir durmir.

Dinámica de coidados na Sección scout

Un ceo aberto e uns raios de sol nos despertaron con preguiza o día 28. Unha mañá na que se realizou unha promesa mentres o sol mañaneiro nos quentaba un chisco o noso frío nariz. Pero, a pesar de que a mañá amosaba tranquilidade, ninguén esquecía as dúas misións que tiñan que cumprir, e, que debido ás rutas do día anterior, casi ninguén tivo oportunidade para adicar a esta tarefa. Dúas misións e moi pouco tempo polo que parecía que sería un día axetreado.

ruta por pista na montaña

Todas as seccións adicábanse as súas tarefas á vez que estaban a preparar as actuación do lume de campamento da noite, celebración que se realizaría xusto antes das campanadas. Esta, intercalada con outras actividades propias de sección, como o taller de nós da Sección Scout, a ruta mañanera da Esculta e a Misión Imposible da Manda, sería a que pecharía o telón de este gran campamento.

ruta por San Xoán de Río

Coa chegada da noite, deu comezo a función do lume de campamento. Risas nerviosas, murmurios, música, un escenario listo… todo estaba preparado para dar paso ás diferentes actuacións. Un pouco máis, e as campanadas… Un pouco máis, e os agasallos que se prepararon con esforzo… Un pouco máis, e o campamento remataría.

promesa scout lobeta

promesa sección scout
promesa Unidade EscultaO sol, que nos acompañou todo o día anterior, decidiu volver saír para quentarnos neste último día. Día de promesas e alegría. Era tempo de recoller, pero non sen antes, saber que bando gañou… Galos ou romanos? O nerviosismo se palpaba no ambiente… Só para descubrir que os galos foron os gañadores esta vez! Que alegría!. Agora si, era tempo de recoller e deixar todo mellor do que atopamos. Todo listo para regresar a casa, pero non sen antes durante a volta no autobús contar a todo o mundo as aventuras, experiencias, e aprendizaxes que se viviron neste campamento.
lobatos scout comendo de campamento
Queremos aproveitar para dar o noso agradecemento as persoas integrantes do noso equipo de apoio para este campamento que se ocupou de todas as nosas comidas: Natalia, Xoel, Vero (unha scouter que viu dende Asturias) e a Isa e Xian, que viñeron do Grupo Scout San Jorge 33 da Coruña. Moitísimas grazas. estaba todo riquísimo!
atardecer scout
Ata o próximo campamento!
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.