siluetas scout

Campamento sen campamento para una primavera con pandemia

Aínda que por mor da pandemia non puidamos marchar de campamento, aproveitamos as vacaciones de primavera para que a rapazada do grupo (dende Manda ata Clan) desfrutara dun tempo de cohesión e convivencia en pequenos grupos. Para garantir un ambiente o máis seguro posible, cada sección contou con actividades por separado e mesmo en días diferentes.

As máis novas, as lobatas e lobatos da Manda, adicaron a mañá e parte da tarde do sábado a facer unha ruta ambientada na “Caza de Kaa”, un dos relatos do Libro das Terras Virxes. O traxecto estaba dividido en seis puntos ou etapas, nas cales facilitábase ás crianzas un fragmento da historia a contar, un dato de interese sobre o punto do camiño onde se situaban, ademais de adicar a parada para xogar. Tras almorzar durante a ruta, para pechar este gran día descansaron nun campo á beira do río e adicaron o tempo restante para desfrutar dun rato de lecer.

No que respecta á Sección Scout, reuníronse ambos días da fin de semana. O sábado adicaron o día con gran entusiasmo ás reformas que están tendo lugar no local, entre descansos, xantares, xogos (e incluso un tempo libre no que decidiron, cheas de productividade, ir traballar á horta que están a preparar). Para finalizar o día, planificaron o menú para a ruta ata Outariz que realizarían o domingo.

Chegado o día da ruta, a primeira parte da mañá mercaron as cousas necesarias para o menú e unha vez organizadas e con todo o preciso, cada patrulla comezou a travesía polos camiños que consideraron oportunos, desfrutando do día en convivencia, do lecer e da boa compañía!

Algunhas delas aproveitaron o camiño de volta para, ademais de apreciar a paisaxe da beira do río Miño, facer a característica proba da navalla, na que demostran que son capaces de facer un uso seguro da mesma e que unha vez superada lles da dereito a empregala nos campamentos e actividades.

En canto a Esculta, o primeiro día de cohesión traballaron principalmente nas reformas da súa “Base”. Tamén atoparon tempo para facer unha actividade lúdica e educativa sobre xénero, preparada por dúas rapazas do grupo. Ao día seguinte tiveron un día variado e completo: xogaron a unha misión imposible cooperativa preparada polas scouters e de seguido, fixeron unha actividade artística para explotar a súa vea creativa e imaxinativa. Houbo tempo tamén para un partido de jagger, tempo para facer un visionado dunha película de temática feminista e, finalmente, pecharon o día cunha xincana sobre saúde preparada pola propia rapazada.

Aínda con forzas despois do trafego dos días anteriores, o último día o adicaron realizar unha ruta por Allariz tomándose o seu tempo para apreciar a paisaxe e descansar á beira do río. A maiores, traballaron as profesións e remataron cunha festa ambientada na Mafia.

O Clan, as máis maiores, adicaron estes espazos para facer talleres dinamizados por compoñentes do seu propio grupo: un sobre tatuaxes sobre pel sintética e outro taller de tye-dye.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.