familia scout

Campamento de Focarei, alá imos! Inscrición aberta

Despois dun ano ben complicado, onde non puidemos facer campamentos, chega por fin o noso tempo de aventuras coas actividades de verán, que este ano terán por escenario as estupendas instalacións do Campamento Xuvenil de Pontemaril (Forcarei), na provincia de Pontevedra.

piscina Forcarei

Durante estes días levaremos a cabo distintas actividades principalmente ao aire libre, como cancións, bailes, construción de bivaques, veladas nocturnas, grandes xogos e dinámicas e, sobre todo, con moito tempo moitas risas e algarabía. E por descontado, podedes estar seguros de que lle sacaremos todo o partido posible á piscina que hai no recinto, así que no esquezades o bañador!

scouts cociñando

 

Tamén desenvolveremos algunhas rutas para coñecer os especias valores naturais da contorna e mesmo faremos algunhas actuacións encamiñadas a contribuír a preservar este patrimonio natural. Será pois una gran experiencia educativa pero sobre todo na que os rapaces e rapazas participantes se divertirán moito, facendo novas amizades e gañando autonomía persoal.

 

As quendas este ano son:

·        8 a 11 anos

Manda de lobetas e lobetos

8 días. Do 28 de
agosto ao 4 de setembro

80,00 euros socios/as

110,00 euros non socios/as

 

·        11 a 14 anos.

Sección Scout

13 días. Do 23 de agosto ao 4 de setembro

120,00 euros socios/as

150,00 euros non socios/as 

 

·        14 a 17 anos.

Unidade Esculta

13 días. Do 23 de agosto ao 4 de setembro

120,00 euros socios/as

150,00 euros non socios/as

 

·        17 a 21 anos.

Clan Rover

13 días. Do 23 de agosto ao 4 de setembro

120,00 euros socios/as

150,00 euros non socios/as

 

Esta actividade é o culmen do traballo que realizamos todo o ano cos rapaces e rapazas que forman parte do noso colectivo, pero tamén está aberta a outras persoas que teñen espírito aventureiro, gañas de facer novas amizades e queiran ter un primeiro contacto co mundo scout.  

promesa scout Martín

Por suposto a actividade cumpre con todos os requisitos e garantías legais, incluído un esixente protocolo de prevención fronte á COVID19. Aquí podes descargar todos os documentos informativos e precisos para a inscrición:

        Dossier para educand@s e familias

        Protocolo COVID19 Grupo Scout Ilex 695

        Declaración responsable de condicións COVID-19

        Autorización de asistencia

        Ficha médica complementaria

Para inscribirte debes de cubrir un dos seguintes formularios ata o 22 de xuño:

        Para socias/os

        Para non socias/os

Por favor, consulta o dossier informativo, como é o procedemento antes de facer nengún ingreso bancario.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.