Qué facedes nos scouts?

Esa é a pregunta chave que tódalas familias se fan antes de atreverse a dar o paso. Gustaríache coñecernos?

Somos un movemento educativo internacional ao que pertencen máis de 50 millóns de persoas, entre mozos e mozas e adultos, homes e mulleres, que comparten un mesmo sistema de valores a través da Promesa e a Lei Scout e o desexo de construír un mundo mellor.

Para que sexa máis estimulante, organizamos os rapaces e rapazas en grupos de idade, ás que lle chamamos seccións ou ramas, que lles permiten pasalo mellor con xente da súa idade e con actividades adaptadas aos seus intereses e capacidades, propias dos anos que teñen.

MANDA: É o grupo ao que pertencen os nados entre os anos 2014-2012, inclusive, na xeira solar de 2022/23

Na Manda “Pobo Libre” xogamos a ser os lobecos e lobecas amigos de Mowgli do “O libro da selva”; mentras os nosos Vellos Lobos como Akela, Baloo, Bagheera, son os adultos que sempre andan pendentes de que nolo pasemos ben e aprendamos cousas novas. Gústannos moito as manualidades, as actividades na natureza, as buscas do tesouro, bailar e xogar …  e todo aquelo que se nos ocorra para divertirnos e pasalo moi ben cos nosos amigos a amigas.

Nesta rolda a manda comezou recordando as personaxes do libro da selva , fixo unha ruta as termas e unha pernocta no local con película disfrutaron do magosto escribiron unha carta para outros grupos scouts de España e disfrutaron de un montón de xogos.

SECCIÓN SCOUT: É o grupo ao que pertencen os nados entre os anos 2009-2011, inclusive, na xeira solar 2022/23

Estamos organizados en pequenos grupos: Pat. Aguias, Pat. Rinocerontes, Pat. Linces e Pat. Esquíos nos que nos preparamos como exploradoras e exploradores, aprendendo a orientarnos con mapa e compás; a adestrarnos en facer nós para construír cabanas e bivaques con troncos e ramas, a empregar o código morse para comunicarnos ao lonxe, a facer lume de xeito seguro e cociñar con el no monte. E, por suposto, todo no medio de moitos xogos e actividades deportivas. Coa axuda das monitoras falamos das aventuras que nos gustaría vivir e as imos preparando nos mesmas!

Durante esta rolda, nos adicamos tempo a coñecer cómo funcionan as patrullas: Nos repartimos en patrullas, asignamos cargos, definimos guías… Non deisamos de facer actividades máis lúdicas, como xogos de cidade, ruta polo río, unha noite de cine e  xogos de distensión, ademáis dun maravilloso campamento de iverno onde puxemos en práctica tódalas aprendizaxes do ano, e formamos piña entre nos. E non só entre nos, senon tamén en coas demáis sección a través de actividades comúns. Incentivamos ao traballo autónomo programando acticvidades do noso campa. Finalmente fixemos algúns servizos, como o da mudanza, onde destacou a participación da patrulla Rinos.

UNIDADE ESCULTA: DA: É o grupo ao que pertencen os nados entre os anos 2006-2008, inclusive, na xeira solar 2021/22.

Estamos organizados nun gran grupo que ten como consigna estar sempre unido. Cada ano idean e preparan un gran proxecto ao que destinan un gran esforzo e no que centran un gran parte das actividades do ano. A vida en contacto coa natureza, e os campamentos, segue sendo fundamental nesta sección e o seu protagonismo na preparación das actividades a a toma de decisións é cada vez maior, desenvolvendo aínda máis o grado de autonommía propia da súa idade. Os viaxes e o encontro con outras rapaces e rapazas scouts de lugares diferentes e máis afastados é tamén una das claves pola que se distigue esta etapa educativa xunto co servizo á comunidade. para as súas actividades.

CLAN: É o grupo ao que pertencen os nados entre os anos 2005-2003, inclusive, na xeira solar de 2021/22

A última etapa da educación scout é o Clan Rover formado por mozos a partir de 17 anos. Ser Rover é vivir intensamente cada paso, tomar as rendas e facer un proxecto da súa propia vida, empeñarse en cambiar o mundo e, sobre todo, crer que é posible. Comprométense colectiva e individualmente en accións de cambio e esfórzanse por crecer ao tempo como persoa. Elaboran os seus propios proxectos persoais, márcanse metas e axúdanse mutuamente a madurar e crecer como adultos comprometidos.

Qué fixo o clan? Pois un poco de todo. Integramonos no funcionamiento do clan, fixeron rutas, fixeron servizo… e moitas outras actividades segredas, que se queres descubrir terás que pasarte a coñecernos.

Este foi o resumo do pasado trimestre. Pero agarda, non foi todo. Coa mellora da climatoloxía, e as aprendizaxes previas, ben seguro que o próximo trimestre será mellor, se cabe.

1 reply

Comments are closed.