Crónicas dun campa de inverno
Xa pasou o tempo dende o campamento de inverno, e é momento de abrir a caixa das lebranzas.
Tivenos a oportunidade de desfrutar do albergue Benigno Quiroga, en Potomarín, compartindo instalacións co Club Fluvial Lugo, Alí escubrimos os segredos da vila e pasamos os derradeiros días do ano.
A vila de Portomarín naceu e creceu á beira dunha ponte romana sobre o río Miño (reconstruído na Idade Media) e do Camiño de Santiago.
Cando en 1962 construíuse o encoro de Belesar, o pobo trasladouse ao veciño Monte do Cristo. Alí reconstruíronse algúns dos edificios máis importantes, tanto civís como relixiosos; especialmente a igrexa de San Nicolás. Nas tempadas en que baixa o nivel do pantano aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o dique e a primitiva ponte.
Ademais de ser coñecido pola súa paisaxe, Portomarín tamén ten o Pazo General de Paredes, o castro de Castromaior, a estatua de Domingo de la Fuente Cela, o museo do xoguete, a campá da liberdade e o monumento ao alambique.
No campamento, a manda non deixou de divertirse. Alí fixeron unha ruta, galletas de nadal, e adicaron tempo a coñecer como é a vida na selva.
A sección scout “sufríu” as súas aventuras nunha ruta que elas mesmas tiveron oportunidade de desenvolver. Tamén crearon videoclips, xogaron coa esculta, deron a lata pola noite, aprenderon cuestións básicas de técnica scout e cofraternizaron co Club Fluvial.
Tamén deseñaron as súas actividades lúdicas, por primeira vez, de forma autónoma. E non é porque os scouters non tivésemos moitas ganas. É que nos scouts levamos un século traballando unha metodoloxía de proxectos, onde son elas quen de definir as súas actividades en atención aos seus puntos de interese. Ademáis, non deixaron pasar a oportunidade de facer un videoclip.
A unidade tivo momentos de esparcemento e de “unidade”. Xogos, rutas e vida na natureza definiron o seu campamento de nadal.
O clan, como sabedes, basea o seu método de traballo no servizo e a utilidade social. Como facía moito que non se vían, e o grupo tiña necesidade de apoios na cociña, foron quen de coller as riendas e facerse co control da cociña. Pero iso non foi todo, xa que tamén atoparon momentos de esparcemento, risas e xogos entre elas… e hasta nos montaron unha gymkhana a todo o grupo!!
Pero tamén atopamos momentos de esparcimento e festa. Tanto é así que celebramos as nosas propias badaladas coa presencia de Pedroche.
E despóis duha custosa volta en bus, voltamos para Ourense para celebrar o que nos quedaba das festas coas nosas familias.
Lembranzas dun campamento!