Xa chega o campa de inverno!

Unha das mellores cousas destas datas é a cantidade de festas e eventos nos que gozar e pasar o tempo. Comerse as uvas en Noitevella e logo ir bailar cos amigos ou superar os excesos do Nadal nalgunha maratón popular, ou voltar a ver “Solo en casa” son algunhas das túas opcións…

…pero para quen non se conforma con iso, xa temos o CAMPA DE INVERNO 2022-2023

O campamento terá lugar entre os días 27, 28, 29 e 30 como ven sendo habitual. Nesta ocasión disfrutaremos destes catro días no Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarin, Lugo) cedido polo Servizo de xuventude e voluntariado de Lugo. Alí disfrutaremos das nosas actividades nunha contorna significativamente máis cómoda que cando saímos coas tendas de campaña (camas, habitacións, aseos…).

A saída e a chegada efecturanse dende Ourense, pois iremos en autobús. A data límite para cubrir o formulario é o día 19 de Decembro (inclusive). Sabemos que non é moito o tempo, pero foise dilatando máis do que nos gustaría, e necesitamos da vosa comprensión.

Ademais, cómpre facer o pago na conta do Grupo no mesmo período. Intentamos axustar os orzamentos ao máximo. Nesta ocasión terá un prezo de 60€. Lembrade poñer o voso nome no concepto de pago.

A continuación facilitámosvos os datos: Caixa Rural Galega ES17 3070 0043 0961 6861 4128

Ademáis, neste campamento pedímosvos colaboración ás familias para vir a cociñar algún día, e que vivades o campamento dende dentro.

Grazas!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.