Aventura pasada por auga
Ás scouts a choiva non nos para. E malia aos partes meteorolóxicos (desacertados) que anunciaban diluvios, reunímonos un día máis no noso local…

Manda estivo traballando as maximas de baloo, a lei e a promesa facendo unha obra de teatro. Tamén atopou tempo para unha busqueda do tesoro. Contou tamén coa colaboración dos máis maiores de Clan. E segundo din as Vellas Lobas “falta fixeron”.
A Sección Scout saíu a descubrir os recunchos perdidos de Ourense. Aventura, superación, moitas risas e algo de choiva foron algunhas das anécdotas que levarán para casa.
En esculta disfrutaron dunha actividade diseñada polas propias rapazas e rapaces, xogando a diversos xogos adaptados para comprender mellor a metodoloxía da sección. O día acabou cunha axitada asemblea na que se decidiu e planificou a futura ambientación. Queredes saber cal é?

O kraal tamén atopou tempo para reunirse e cavilar as novas aventuras que traerá este nadal. Quedade atentas porque hule a campa!!

Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!