Día da Infancia

Hoxe, 20 de Novembro celebramos o día da infancia. Este día úsase para resaltar o papel dos nenos e nenas na sociedade, e ademáis serve como recordatorio dos seus dereitos.

Representantes de entidades que traballan en Ourense con nenos e adolescentes reuníronse este sábado no Espazo Xove para conmemorar o día dos dereitos da infancia, e nos non puidemos faltar.

Este ano se pretendeu visibilizar a importancia da saúde mental e participación social das menores. Baixo esta consigna se estruturou a xuntanza do pasado día, onde tivo lugar a lectura dalgúns dos dereitos da infancia, así como os contidos do manifesto. Alí nos atopamos con Amencer, Meniños e POIG para ler o manifesto Redeiros_as a favor dos dereitos da infancia deste ano, e facer achegas entre nos.

Disto mesmo fíxose eco a prensa.

As entidades mostran o seu interese en impulsar un órgano similar a nivel de Ourense, e alí estaremos os Scouts, como non pode ser doutra forma.

Moitísimas gracias a Mara, Luango e Iraci por ter representado ás súas compañeiras no día de onte.

Por último animámosvos a coñecer mais no documento de Demandas sobre saúde mental nos centros de proteccións a infancia que realizou a POI.

– Espazo Web: https://redeiros.org/

– Instagram: https://www.instagram.com/redeiros_as/

– Facebook: https://www.facebook.com/redeiros.as/

– Twitter: https://twitter.com/Redeiros_as