Que magosto máis gostoso!
Cultura, tradición e scoutismo!
A primeira saída desta nova xeira solar foi para desfrutar dunha das festividades máis típicas da provincia. Este sábado día 5 comezamos as nosas habituáis saidas á natureza, e esta vez fixemos todo o grupo xunto para así celebrar tamén o magosto!
Este ano, como xa é tradición, fixémolo en Sandías, fornte ao Hipódromo de Antela, cedida para a ocasión polo noso amigo e compañeiro scout Jorge Vázquez.
Alí desfrutamos das nosa comida; castañas, chourizas e pan de cazador non faltaban. Abrese o apetito? Se tendes ganas de coñecer as recetas, pedídelle axuda ás scouts de sección. ¡Foron capaces de facelo sen lume!
Para os menos avantaxados, a actividade comezou por apañar leña e facer lume.
Xa hai anos que facer lume nos campamentos é algo complicado ou mesmo imposible, en aplicación das normativas forestais que teñen como función a prevención dos incendios forestais, unha verdadeira lacra no noso país. E por iso que o magosto convértese nunha ocasión estupenda, e xa pouco usual, para aplicar de xeito práctico as técnicas para facer diversos tipos de lumes e manexarse coas ferramentas, algo moi propio da nosa metodoloxía scout e que especialmente desfrutaron as patrullas que integran a Sección Scout.
Xa pola tarde, aproveitamos as horas de luz restantes para conversar, facer plans e por suposto para xogar, que moito nos gusta, sobre todo entre os lobecos da Manda. Por último, fixemos unha sesión de tratamentos dermatolóxicos.
Temos que agradecer ás familias que fixéchedes o esforzó do transporte, que sabemos, non sempre é doado.
Outra cousa non, pero pasar pasámolo genial.
Había que compensar que a semana seguinte non habería reunión.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!