Comeza a rolda máis desexada

Xa tiñamos ganas de comezar!

O campamento de verán foi espectacular. Increíble. E ti, que estiveches alí, sábelo ben. Con todo a volta foi dura en todos os aspectos. Vímonos na necesidade de parar, observar o contexto e retomar o camiño. Como cando perdes o rumbo en calquera dos roteiros nos que xa temos experiencia scout.

Se por algo destacamos as scouts é por ser animosos, colaboradores e verdadeiros amigos. Terminarémonos por converter na túa segunda familia. E podes contar connosco cando as cousas non saen e necesitas axuda.

Este proxecto comezou hai 7 anos con forza e paixón, e non estamos dispostos a desistir ante as dificultades.

Así que despois dun intenso período reflexivo, voltamos con máis ilusión e forza.

O pasado 29 de Outubro foi o día elexido! E vaia se voltamos con ganas… Ganas de reencontrarnos, de coñecer novas compañeiras e de deizar un mundo mellor.

Queredes saber o que fixemos?

Manda comezou cunha rolda de emocións acompañado da explicacion de que é unha boa acción e que pensarán unha boa accion que fixeron na semana. Tras unhos xogos de distensión fixemos unha actividade de presentacion das personaxes do libro da selva

Sección scout comezou a rolda dando a benvida a dúas novas incorporacións. Adicamos a primeira reunión a coñecer as patrullas e distribuíndonos nas que mellor poderíamos encaixar. Cal terá mellor percorrido nesta xeira? Despóis da merenda desfrutamos dalgúns “accidentados” xogos de distensión, dinamizados polas propias guías.

Unidade Esculta comezou cuns xogos de desfogue e de comunicación, para dar paso a realizar un análise conxunto da realidade do grupo e á planificacion das actividades deste trimestre. Tamen debatiron alégremente sobre a futura ambientación e terminaron a golpes xogando ao Jugger.

Tamén contamos co Clan, que un ano máis comezou as súas secretísimas e enigmáticas actividades, das que so chegamos a saber que falaron do valor de “servizo” no movemento scout.

Pero se pensades que isto foi todo, non podedes estar máis equivocadas. Non deixedes de ler as publicacións das vindeiras semanas, para coñecernos un pouco mellor e descubrir o máis significativo desta experiencia.

Moitísimas gracias a todas por contar connosco un ano máis, pola paciencia e o compromiso.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.