Inicia un proxecto

SS23Un grupo de monitores e monitoras, algúns deles que no seu día fumos parte de grupos scout de diversas parte de Galicia, vimos de crear un novo proxecto para a constitución dun grupo scout, de caracter laico, para Ourense.

Temos previsto comezar a nosa actividade educativa a partir do curso 2015/16. Mentras estamos a traballar na busca de sinerxias con asociacións de veciños, asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas, centros de ensino, e outros colectivos e entidades que traballan con infancia e mocidade na nosa cidade e a súa contorna.

Tamén estamos a incorporar novas voluntarias e voluntarios á nosa equipa educativa, así que se alguén que esté a ler estas letras ten interese en incorporarse ao proxecto estaremos encantados de darlle a información e abrirlle as nosas portas.

scoutsfelices

Igualmente estamos no proceso de procurar a infraestructura necesaria para por en marcha a nosa actividade. A cesión dun local e outros equipamentos para os nosos campamentos son unha das nosas máiores eivas para comezar polo que facemos tamén un chamado de axuda para cubrir esta necesidade.

Estamos no proceso de constitución formal, e unha vez o finalicemos solicitaremos a nosa entrada na federación ASDE – Scouts de Galicia da que xa forman parte outros 7 grupos de catro cidades galegas. Esta federación forma tamén parte de ASDE – Scouts de Españacon 300 grupos, e que a súa vez está integrada na Organización Mundial do Movemento Scout que da cobertura a actividade de máis de 32.000.000 de scouts en activo por todo o planeta.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.