Buscamos voluntarias e voluntarios
Buscamos xente con ganas de gozar dunha experiencia única. Se queres unirte a un proxecto que busca contribuir á educación, dende o tempo de lecer, de moitos nenos e nenas de Ourense e a súa contorna, para que poidan dar forma a seus proxectos, a traballar en equipo, a ser máis autosuficientes, a gañar confianza, a ser máis responsables e coprometidos … este é o teu sitio!
Aquí tes a posibilidade de entrar nun grupo scout e colaborar como monitor ou monitora (aos que nos chamamos “scouter”) nas actividades semanais e campamentos que se realizan durante o ano. Estás disposto/a? Pois non o dubides máis e apúntate!
Nosa previsión e comezar coa nosa actividade a partir de setembro ou outubro, máis agora mesmo estamos a conformar as equipas de traballo e a organización básica para poder dar comezo a nosa andaina despois do verán. Polo iso, agora é o mellor momento para sumarse o proxecto e tomar parte nas decisións que darán forma definitiva a este proxecto.
Para entender mellor o noso voluntariado presentámoche un par de vídeos feitos por outros scouts que poden ser resultar ilustrativos e moi recomendables.
Inicialmente non é necesaria nengunha cualificación especial, aínda que é recomendable contar co título de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre. Se non o tes, non te preocupes, pois co paso do tempo axudarémoste a conseguilo.
O que ofrecemos
- formar parte dunha equipa motivada e competente que vive con intensidade e paixón esta labor educativa non eido non formal
- vivir unha experiencia de contínua aprendizaxe na que desenvolverás novas capacidades que serán de utilidade tanto na vida cotiá, como de aproveitamento profesional no mundo do ocio e tempo libre
- contribuir ao o ben social da educación da infancia e mocidade e apoiar outras causas sociais.
- cobertura de seguros de responsabilidade civil e accidentes para todas as túas labores de voluntariado
- certificación da túa participación como voluntaria/opasalo moi ben, rir,
- participación en actividades federativas con outros grupos scouts de Galicia, do resto do estado … e mesmo a nivel internacional.
- tomar parte en accións formativas específica do mundo scout
- acceso a importantes bancos de recursos documentais que facilitarán a túa labor
- participar nos procesos de toma de decisións
- poder ser elexida/o para tarefas ou postos de responsabilidade
- coñecer xente nova e facer novos amizades
- restituirche os gastos que a realización das túas labores voluntarias che puidera ocasionar (aínda que ditos gastos debe ser previamente autorizados)
O que pedimos
- Ser maior de 18 anos
- disposición a comprometerse nun proxecto esixente en tempo e calidade da intervención
- dispor de motivación, tempo e capacidade para transmitir ilusión e empuxe aos nosos educandos.
- asumir que é necesario participar con regularidade nas actividades semanais e campamentos, e nas reunións de programación ou organización da entidade.
- cumprir cos compromisos que se adquiran.
- disposición a formarse adecuadamente
- respectar e cumprir as normas internas da entidade
- ser unha persoa responsable, que antepoña a seguridade e o benestar dos rapaces e rapazas por riba de todo.
Ben, agora que xa o liches todo, e te decidiches, por favor, mándanos un e-mail a gruposcoutilex@gmail.com indicando teu interese en incorporarte á nosa equipa e porémonos en contacto contigo o máis axiña posible.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!