O primeiro campamento, totalmente gratis!
Prazo para anotarse finalizado, pero aínda podedes tramitar a inscrición para a lista de espera.
Sabemos que noso xeito de traballar namora a quen o coñece, pero tamén sabemos que as veces non é tan doado probalo para convencerse, así que o que imos facer e desenvolver o noso primeiro campamento totalmente de balde para que así os que aínda tendes dúbidas vos animedes a enviedes aos vosos fillos e fillas a que sintan de primeira mán e gocen con toda esta experiencia de aprendizaxe e crecemento. Podes baixar o folleto ou cartel con información.
Facelo así é posible grazas á axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que grazas ao seu programa de Iniciativa Xove facilita os recursos económicos para poder ofrecervos esta gran oportunidade grazas a que un grupo informal de monitores que presentaron o proxecto mesmo antes de que o grupo se constituira como asociación.
O campamento prevé a participación de ata 24 rapaces e rapazas de entre 8 e 13 anos (nados entre os anos 2007 e 2003) da cidade de Ourense e a súa contorna, e cubre os gastos de manutención e aloxamento (que faremos en tendas de campaña), transporte en autobús de ida e volta dende Ourense, os seguros, materiais e as actividades que desenvolverán os nosos monitores e monitoras voluntarios (aos que chamamos scouters) con experiencia e a cualificación necesaria. O bus sairá ás 9.30 do sábado 10 e voltará o domingo 11 ás 19:00 horas (o día 12 é festivo así que queda tempo para que descansen e fagan os deberes).
O campamento terá actividades diferenciadas para os nenos e nenos da Manda (de 8 a 10 anos) e os rapaces e rapazas da Tropa (entre 11 e 13) con xogos e propostas adaptadas a súa idade e intereses. Iso si, todas e todos poremos a proba as nosas cualidades de exploración da contorna. E como vos exploradores montarán a súa propia tenda de campaña, cociñarán co apoio dos monitores e monitoras unha cea de campaña, cantaran ao redor do lume e iranse afacendo a recoñecer algunhas das constalecións máis senlleiras, e por suposto tantos uns coma outros se divertirán con moitos xogos que lles iremos propondo ao longo deste pequeno campamento.
As nais e pais de aquelas rapazas e rapaces que queiran participar nesta estimulante experiencia so deben de cubrir o seguinte formulario de preinscripción. Pasados uns días porémonos en contacto coas familias para confirmar a súa plaza e remitirlle a infomación sobre os horarios de entrega e recollida, material que deben de levar, normas do campamento, xunto cunha ficha máis completa. Tamén e se lles convocará unha reunión informativa previa para que poidan coñecer á equipa educativa e resolver as posibles dúbidas que tiveran.
Queremos tamén agradecer a colaboración do Concello de Esgos que nos cede o uso das instalacións do seu albergue en Vilar de Ordelles para que poidamos desenvolver a nosa actividade. Moitas grazas!