Lista de persoas admitidas no campamento de inicio

acampadaNo grupo promotor desta iniciativa estamos a facer un gran esforzo para acoller a todas as persoas que solicitaron as súa praza nesta ilusionante actividade. Aínda que tentamos extender ao máximo a capacidade de acollida, debido a diversas cuestións loxísticas, so puidemos pasar de 24 participantes a 30, pero aínda así algunhas quedan en lista de espera, para o caso de que si se dera unha baixa poidamos ofrecerlle esa vacante.

Agardamos que todas e todos estos rapaces, independentemente de se chegan a participiar ou non nesta actividade introductoria, poidan sumarse ao proxecto do novo grupo scout laico que dará comezo as súas actividades regulares todos os sábados a partir do día 24 de outubro no Espazo Xove de Ourense cada sábado entre as 10.30 e as 13:00 horas.

Reunión informativa

Coa finalidade de dar a coñecer o que imos facer no campamento como para explicar como vai ser o noso xeito de traballar todo o ano, convocamos ás familias dos nenos e nenas, tanto dos admintidos como os que están en lista de espera ou aquelas outras qinteradas, a unha reunión informativa o día mércores 7 de outubro ás 20:00 h. O lugar da reunión aínda non está confirmado, pero previsiblemente será no terceiro andar do Espazo Xove (Casa da Xuventude), situado no número 27 da rúa Celso Emilio Ferreiro, en Ourense. Todos os inscritos xa deberían de ter recibido un correo electrónico co dossier informativo para as familias, pero se non lles chegara poden descargalo de aquí.

A continuación van as listas de menores admitidos/as no campamento “Academia de exploradores e exploradoras” que terá lugar en Esgos, do 10 ao 11 de outubro. En breve recibiredes unha comunicación con extensa información sobre a actividade e unha completa ficha de inscrición que debedes de facernos chegar asinada o día da reunión informativa (no caso de que non puiderades asistitr, mandádenos aviso por e-mail para buscar unha solución). O prazo de inscrición queda pois pechado, aínda que se sabedes de alguen qu elle interese participar podedes seguir empregando o formulario de inscrición para entrar en lista de espera.

Manada (nados/as entre 2005-2007):

  • Analia B.B.
  • Marcos S.F.
  • Paula V.C.
  • Carolina R.M.
  • Ana C.P.
  • Diego F.G.
  • Marta R.L.
  • Noa G.C.
  • Daniel L.B.
  • Saúl Á.F.
  • Sara G.V.
  • Claudia P.A.
  • Jennifer S.S.
  • Xiana G.R.
  • Xulia F.L.
  • Leda R.S.

Tropa (nados/as 2003-2004):

  • Iris B.B.
  • Gabriel V.M.
  • Julia C.P.
  • Eva F.G.
  • Antia S.R.
  • Daniel F.R.
  • Andre R.R.
  • Martinho R.R.
  • Sabela P.A.
  • Johan David S.S.
  • Ana C.A.
  • Dylan Manuel B.F.
  • Diego R.V.
  • David A.B.

Lista de espera:

  • Carolina R.C.
  • Iván R.C.
  • Xan Carlos E.A.

Excluidos (por non cumprir criterio de idade):

  • David P.C.

Por favor, se considerades que hai algún erro por favor contactade con nos no correo gruposcoutilex@gmail.com indicando, se o preferides, un teléfono onde pornos en contacto con vós. Tamén, se por calquera causa, algunha das persoas admitidas xa non pode ou non quere participar na actividade, rogamos que nos avisedes o antes posible, para poder cubrir a praza con outra persoa. Grazas.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.