A esculta de turismo rural

Fai un par de meses na esculta pasamos unha fin de semana xuntos/as nunha casa rural ás aforas de Ourense.
Fixemos un montón de cousas divertidas e tamén educativas. Todos e todas tíñamos que por o noso gran de area e para iso comezamos o día repartindo tarefas na casa, tanto quen preparaba as comidas como quen facía o servizo de cada unha. Hai que dicir que quedou todo moi rico e limpo!!

No primeiro día disfrutamos das nosas compañías xogando un montón de xogos de mesa, collémolos prestados dos grupo e pasámolo super ben competindo e cooperando entre nós!

Na casa na que estabamos había unha piscina, pero o tempo non foi o mais adecuado para disfrutar dela a tope, aínda así, á que saíu un pequeno raio de sol aproveitamos para refrescarnos un chisco.

A cea foi moi divertida de preparar, cada quen traía algo para compartir e entre todos/as puidemos comer súper ben e rico! Ainda así sobrou moita comida que repartimos para tirar o menos posible.

Mentres ceábamos estaba a ter lugar a nosa velada: un cluedo! Resulta que acababa de morrer Cibrán, un octoxenario rico da familia dos Vila, e entre todos/as tíñamos que descubrir quen de nós matara ao pobre señor. Houbo moitas risas e moitas acusacións moi divertidas!

Rematamos o día con xogos onde diciamos cosas de nos e sobre os demais, pero ao final estivemos un gran tempo rememorando campamentos antigos… Que nostalxia! Cabe recalcar que á hora de ir a durmir tiñamos para nós 3 habitacións pero decidimos durmir todos na mesma porque… UNIDADE!

Por último, ao día seguinte tivemos unha mañá repleta de progresións, cada un/unha valorou en que camiño se atopaba e se debía pasar ou non. Tivemos unhas cantas cerimonias para ter todo listo para o campa de verán! E iso foi todo, unha fin de semana super agradábel en compañía de todos/as. Pasándoo super ben e deixounos con ganas de máis ;).

Texto escrito pola xente da Unidade Esculta