scouts na praia das sinas

Momentos para lembrar no campamento nas Sinas

Do 27 ao 30 de decembro do 2023 tivemos a oportunidade de celebrar o noso campamento de Inverno no Albergue Xuvenil As Sinas. Este lugar está situado na ría de Arousa, a 4 Km de Vilagarcía. O albergue está nunha zona moi turística á beira do mar, con abundante arboredo, e con zona verde e un xardín moi agradable. Ao lado tiñamos unha preciosa praia na que desenvolvemos gran parte das actividades desta aventura invernal.

A Unidade Esculta gozou das preciosas vistas vendo a posta de sol e dando un paseo por a praia, na que puideron aproveitar para relaxarse despois de un largo dia de actividades.

Pola súa banda, a Sección Scout aproveitou que tiñamos a praia cerca para recoller a moito do lixo que alí había, reafirmando un dos nosos lemas: O/A scout sempre deixa o lugar por onde pasa mellor de como o atopou”.

Outra das actividades que fixo Sección Scout foi un taller de pulseiras nas que aprenderon a facer estes adornos con fíos para despois decorar os seus bordóns, un dos principais elementos de identidade da patrulla, con algo persoal que lles represente.

Tanto os máis novos da Sección Scout como as e os adolescentes da Unidade Esculta realizaron a metade de campamento unha ruta para coñecer mellor a contorna do territorio que estabamos a visitar, parte polo monte a parte a carón do mar. As rutas ademais serven para facer cohesión en grupo e desenvolver unha sempre saudable actividade física.

A última noite do campamento rematou con outra das nosas das nosas tradicións por estas datas, que non é outra que a de tomar as uvas coa nosa segunda familia, a familia scout, cun pouco de antelación xa que o día seguinte, o auténtico fin de ano, que xa o pasamos coa familia máis propiamente dita.

A como non podía ser doutra maneira, despois de deixar a instalación perfectamente limpa a recollida subímonos ao bus de volta a casa para seguir aproveitando as vacacións despois de uns días moi interesantes de vivencia scout de campamento …. e desexando xa que chegue o seguinte!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.