Plantando as tendas despois de moito tempo
Levábase tempo sen se celebrar unha saída (de campo) coma esta, para moitas novas caras sería das súas primeiras acampadas e mesmo unha toma de contacto co grupo ao completo. Algúns lembrábanse da súa última vez en Palas de Rei anos atrás, pero en todos notábanse os nervios por empezar mentres pasábamos listas, de persoas, equipamento e medicacións. Isto é aforrar moito tempo para a diversión, se precisamos dun consello para que unha destas acampadas saia ben sería o de traballar en equipa para deixar todo a punto, a iso adicamos o primeiro día, cos grupos xa organizados, repartimos as tarefas de instalarnos, de facer noso ese fogar durante a ponte das vacacións escolares de primavera. Tiñamos que encher as cociñas de cereais, tomates e de “more bananas”, arranxar o comedor como noso espazo común, darlle unha pasada aos baños e coma non, montar as tendas, toda unha experiencia.
Xa instalados repuxemos forzas e posto que aínda quedaba unha tarde de xogos aproveitándonos do amplo do lugar, desafiando non só aos nosos sentidos e axilidade, senón que tamén ao coñecemento dos scouters para resolver un pequeno escape room e que pecharíamos cunha velada de romanos. Alí, Manda e Sección Scout non só poría a proba o seu talento para a emboscada senón que tamén farían uso da súa habilidade de negociación nun comicio romano onde como pouco serías moeda de cambio para o imperio. Mención aparte para a propia mascota do imperio que decidiu facernos compaña ao longo da actividade.
O segundo día amencía cun primeiro acto comunidario e sabíase día grande, como calquera día de ruta, porque emprenderíamos o noso camiño ao Castelo de Pambre con pouco máis que nosas mans, auga, uns compás nas últimas, mapas e pan de Palas. E non sería sinxelo posto que no camiño habería que orientarse ata certos puntos do mapa onde resolver unhas probas que permitirían aos grupos desvelar parte da historia dun destes nobres que morou na zona cando todo era monte.
O percorrido da esculta era case que olímpico e reflectiuse na hora de chegada. Mentres que nas patrullas, fixeron de tripas corazón e tiramos un pouco de picaresca para ter unha bonita estampa do castelo xunto co clan, ao que despediamos cedo. Se ben non o teríamos logrado de non ser polas veciñas da zona que se prezaron a encher nosas cantimploras na súa billa. A volta, xa toda as patrullas xuntas demos chegado grazas ao alento das cancións e coa promesa dunha ducha e velada relaxadiña con xogos de mesa. Mención aparte as vacas de Palas que a cada pouco atopábanse máis preto e déronlle vida a ruta polos pobos, seu é o noso tributo do bordón de Aguias.
Pola súa banda as lobatas e lobatos da Manda fixeron a súa ruta ao longo o Camiño de Santiago contando canda frecha e cada cuncha que merca a senda das e dos peregrinos, cos que tiveron ocasión de interactuar ao longo deste pequeno pedazo da Historia do noso país e que hoxe é un gran motor económico e social do rural que atravesa.
O terceiro día viña completo, sen abandonar as bases tiñamos unha xornada chea de actividades, Manda comezaba traballando e falando das súas emocións mentres que na sección scout probaban as súas habilidades coas ferramentas, tentando superar, as máis valentes, a proba da navalla. Mentres que na Esculta sacaron moito proveito dunha clase práctica de cara ao futuro máis próximo, finanzas e outras responsabilidades como a de escoller carreira na uni, sen esquecer moverse un pouco xogando ao rústico jugger. Co paso do día saíron a luz unha serie de mensaxes que cadaquén interpretaría libremente e a partir dos cales cundíu os rumores dunhas forzas que saquearían as nosas tendas, foi a Manda quen máis decididamente puxo da súa parte para que isto non sucedese, plantando unha serie de barricadas ao longo do campamento para protexernos a todos e todas nós.
Houbo tempo tamén para unha improvisación teatral, merendar e ducharse antes do xogo final. Para a última noite quedaron unhas veladas que lles encantan a todos. Mentres a Esculta disputaba unhas encarnizadas partidas de Rommel e Montgomery onde quen facía de bandeira tivo unha urxencia no momento máis inoportuno, a Manda e as patrullas tecían pactos e alianzas no Atrapa á Bandeira, aínda que o verdadeiro premio resultou achar sorprendentemente a pañola perdida e poder compartir a gloria cos demais.
E xa era domingo, as tendas estaban seguras e atopabámonos nerviosos non so por achegarse o final do campa senón que moitas e moitos agardaban seu momento, o de formular a súa promesa scout, facendo público o seu compromiso. Todas e todos atendiamos emocionados as bonitas palabras que se adicaban entre membros de diferentes seccións e examinábamos os coñecementos dos lobatos para ser aceptados no seo da Manda, e por úlltimo manteáronse as pesoas iniciadas. Con todo, quedaba recollerse, repor forzas cun saboroso pícnic e despedirse todos xuntos cantando o “adéus scouts” ata a próxima acampada que logo chegará.