scout planta un árbol

Máis árbores para un mundo mellor

O día 19 de marzo desenvolvemos unha actividade na que estiveron presentes todas as seccións do grupo para celebrar, de xeito adiantado, o Día da Árbore ou Día Forestal Mundial. Unha ocasión que se celebra cada ano o 21 de marzo e no que adoitamos participar xa que representan unha estupenda oportunidade para cumprir un dos mandatos da nosa lei scout na que se di que as e os scouts amamos e coidamos da Natureza.

O escenario para esta acción, que consistiu na plantación de árbores de especies autóctonas, foi o da contorna de Naves, na parroquia de Palmés, na zona rural do noso municipio, na que xa tivemos ocasión de facer este tipo de repoboacións forestais nun par de ocasións anteriores nos primeiros anos de vida do noso grupo.

Visitar esta zona tamén nos deu a oportunidade de coñecer o Mosteiro de Santa Comba de Naves, unha valiosa peza do noso patrimonio histórico e artístico que é pouco coñecida aínda para moitos veciños e veciñas da nosa cidade pese a estar tan preto.

Como tamén é habitual para estas actividades ambientais contamos co apoio e a presencia de Amigos da Terra, entidade ecoloxista coa que sempre trazamos sinerxías para un traballo conxunto a prol do medio ambiente. Dende esta entidade facilitáronnos os 20 exemplares de especiais locais, como érbedos, pereiras bravas, cerdeiras e loureiros, que plantamos en grupos de traballo. Estos traballos forman parte do noso proxecto de educación ambiental ao abeiro de Voz Natura.

Despois de plantar as árbores seguimos ruta para coñecer a aldea da Conchada e baixar ata Outariz onde rematamos un estupendo día entre amigos e en pleno contacto coa natureza a quen lle prestamos un bo servizo de rexeneración ambiental.

Pero o esforzo tivo tamén a súa recompensa tras o xantar e tivemos un relaxante paso polas termas de uso público de Outariz onde puidemos gozar das súas augas caldas que xa nos descubriron en tempos o romanos. Foi un gran peche de xornada que nos permitiu coñecer un dos elementos máis singulares e identificativos da nosa localidade, que mesmo algún dos nosos rapaces e rapazas aínda non coñecía.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.