Magosto scout

De magosto pola Limia

O ano pasado non foi posible pero este ano si que puidemos recuperar a nosa tradición de participar nunha das celebracións máis enxebres, ancestrais e populares da nosa cultura, o magosto. Unha festa para gozar no monte entre amigos e familia, que no noso caso, é o mesmo.

Este ano o magosto levounos ata Sandías, concretamente a unha finca lindante co Hipódromo de Antela, cedida para a ocasión polo noso amigo Jorge Vázquez, antigo scout do Grupo Scout Don Bosco 323 que foi un grupo scout que nos precedeu na historia en Ourense nos setenta e oitenta. Alí nos transladamos o pasado día 20 de novembro, onde tivemos un espazo amplo para que as distintas unidades tiveran o seu espazo e así manternos afastados como unha medida de prevención de contaxios da COVID.

Reparto por seccións

Así pois, repartidos polo terreo, a Manda, a Esculta e cada unha das tres patrullas repartíronse polo terreo para apañar leña e facer a súa propia fogueira, na que cociñaron os seus chourizos, touciño entrefebrado e demais comidas campestres tan propias desta festa popular, onde obviamente non faltaron as castañas. O Clan fiel á súa vontade de servizo estivo dando seu apoio a Manda para que todo saíse do mellor xeito posible.

Xa hai anos que facer lume nos campamentos é algo complicado ou mesmo imposible, en aplicación das normativas forestais que teñen como función a prevención dos incendios forestais, unha verdadeira lacra no noso país. E por iso que o magosto convértese nunha ocasión estupenda, e xa pouco usual, para aplicar de xeito práctico as técnicas para facer diversos tipos de lumes e manexarse coas ferramentas, algo moi propio da nosa metodoloxía scout e que especialmente desfrutaron as patrullas que integran a Sección Scout.

Xa pola tarde, aproveitamos as horas de luz restantes ata a chegada do madrugador solpor de novembro para conversar, facer plans e por suposto para xogar, que moito nos gusta, sobre todo entre os cachorros da Manda.

Durante toda a xornada acompañounos o o bo tempo, moi soleado e cálido, que axudou a que esta experiencia se convertera nun día moi especial e do máis entretido, e por suposto onde todo o mundo acabou coa faciana manchada da negra borra .

Para pechar esta singular xornada fixemos un peche cun acto comunitario no que un grupo de rapazas de diversas seccións fixeron unha lecturas breves e unha moi necesaria reflexión en relación ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2021 que se celebraría nos próximos días

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.