En defensa dos dereitos da infancia
O pasado día 20 de novembro, un grupo diverso de entidades que traballan a prol da infancia na nosa cidade festexaron o Día Universal da Infancia, en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) que desenvolveu diversos actos por todo o territorio nesta efeméride.
Xuntámonos coas entidades Asociación Xuvenil Amencer, Fundación Meniños, Fundación Juan Soñador e Fundación Diagrama nun acto ao que asistiron representantes dos dos diferentes colectivos convocantes xunto con nenos e nenas que son parte ou participan nas actividades destas entidades, co que se pretende facer visible a participación e as demandas das rapazas e rapaces e sobre os seus dereitos.
Por parte do noso grupo interviñeron no acto Mara, da Manda, xunto a Marta e África, da Unidade Esculta. Esta última é membro tamén recentemente constituído Grupo de Participación Infantil da POIG a nivel autonómico. Tomaron a palabra, xunto cos outras rapazas e rapaces dos diferentes colectivos presentes, para ir lendo o manifesto e unha escolma dos seus dereitos fundamentais.
O movemento scout está fortemente implicado na celebración do Día Mundial da Infancia e comprometido na defensa dos dereitos das nenas e dos nenos, e por iso a nosa federación conta cunha campaña específica baixo o título de “Infancia Scout” da que participan numerosos grupos de distintos territorios.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!