O Clan Xácios participou no Interclanes do Norte 2024

A rapazada que integra o Clan Xacios, formado polos educandos de máis de 17 anos do noso grupo, coñecidos tamén como rovers, viaxaron o pasado 28 de outubro ata a cidade de Xixón, en Asturias, para participar neste importante evento scout e nos fixeron chegar esta crónica na que relatan a súa experiencia de primeira man:

A comezar preguntámonos “Que é o Interclanes do Norte?”. Un Interclanes e unha xuntanza na que participan os rovers de distintos grupos scouts. Neste caso este incluía as comunidades autónomas do norte de España, contando coa participación de clanes de Galiza, Asturias, Cantabria, A Rioxa e Castela e León. Este evento busca xuntar a scouts de entre 17 e 21 anos co obxectivo de crear un espazo de conversa e convivencia entre estes moz@s.

A decisión de participar non veu sen complicacións, pero despois de semanas de preparación conseguimos realizar este obxectivo . Despois de 7 longas horas de viaxe, chegamos ao local do Grupo Scout Keltikhé 635. O grupo organizador deste campamento atendeunos con grande amabilidade e proximidade.

Ao chegar os integrantes do Clan Lugh ensináronos as instalacións do seu local. Estas eran enormemente amplías e equipadas. A parte disto asombrounos o integrada que estaba a ambientación tanto do grupo como a respectiva a cada sección nos distintos espazos. Aínda sendo un grupo relativamente novo a súa historia, a esencia celta, apreciase en cada recuncho. Ademais disto, contamos coa sorte de ter un equipo de cociña integrado por voluntarios. Estes aínda contando coa gran responsabilidade de cociñar para un grupo tan numeroso, ofrecéronnos en todo momento un sorriso cálido e palabras de animo. Foi grazas en gran parte a este equipo que puidemos ter unha experiencia tan acolledora coma a que tivemos.

A partir de ese momento comezou o campamento. Ao longo deste realizamos un gran numero de actividades dinámicas e características do clan co obxectivo de crear vínculos co resto de rovers. Así mesmo participamos nunha serie de debates co obxectivo de reforzar o noso pensamento crítico e a nosas capacidades comunicativas. Nestes tratamos temas de actualidade coma o racismo, o capaticismo ou a cultura da cancelación.

Durante estas actividades tivemos a oportunidade de coñecer a cidade de Xixón, unha cidade costeira cun casco antigo moi ben conservado. O clima acompañounos, permitíndonos ver o mellor lado deste lugar. Así na xincana de cidade tivemos o pracer de coñecer mais sobre esta cidade, as súas tradicións actividades culturais, espazo natural… Tamén tivemos espazo para falar cos seus habitantes os cales responderon as nosas preguntas e participaron nas nosas actividades de bo grado.

Neste campamento tamén aprendemos moito sobre scoutismo. A convivencia con outro grupos de distintas partes de España permitiu o intercambio de experiencias e tradicións o cal enriqueceunos moito e permitirnos sacar ideas para o noso propio grupo. Estas diferenzas e similitudes entre grupos non deixaron de abraiarnos e intrigarnos.

Para finalizar queremos agradecer a todo o grupo organizativo deste campamento por facer posible este evento. Estamos eternamente agradecidos por ter formado parte desta experiencia

Boa caza e largas lúas.
Clan Xacios.